Acto de homenaxe ao que foi responsable de diferentes comedores universitarios, falecido hai uns mes
En lembranza a Domingo Amoedo, un “bo e xeneroso”
Celebrouse na EE de Telecomunicacin, onde se plantou unha rbore e descubriu unha placa na súa mem
Poucos merecen o ditado de “bo e xeneroso” do que fala Pondal no himno galego, pero, sen dúbida, el gaouno, e as o amosaron todos aqueles que este xoves participaron na Escola de Enxeara de Telecomunicacin no acto de homenaxe a Domingo Amoedo, xerente de Arelas Catering, a empresa que dende hai case 25 anos se encarga da xestin de varios comedores universitarios do campus. Faleceu hai apenas uns meses vtima do cancro aos 51 anos, “demasiado cedo”, e hoxe a comunidade universitaria; os seus vecios e vecias de Paredes e Pazos de Borbén, a quen tanto tempo dedicou e axudou; os seus amigos, que eran moitos; os seus irms, os seus fillos e a súa muller... quixeron lembralo como a el lle tera gustado: con admiracin, con nostalxia e, sobre todo, con moito, moito agarimo.
A idea da homenaxe partiu do profesor da EE de Telecomunicacin, Xulio Fernndez Hermida, pero axia foi acollida con entusiasmo polo resto de membros non s desta escola, senn de todos os centros do campus, ata o punto de converterse nunha homenaxe “de toda a Universidade”, tal e como subliou no acto o reitor, Salustiano Mato, que lembrou a figura de Domingo Amoedo “non s como un gran emprendedor, que o era, senn como unha magnfica persoa e un excelente amigo”.
25 anos de anécdotas e bo facer
Que mellor lugar para facer a homenaxe que a Escola de Enxeara de Telecomunicacin, na que aterrou hai 25 anos, “cando o edificio anda non estaba nin sequera inaugurado, ateigado de iniciativas”, lembrou dende o atril do saln de actos da escola o profesor José Santos, ex-director da escola, que foi o encargado de rememorar a chegada ao campus de Domingo Amoedo, “a penas un mozo, pero cheo de ideas e bo facer, que foi quen de cativarnos e quedarse co servizo de comedor fronte a outras empresas de restauracin xa consolidadas”, recordou Santos, que, entre anécdota e anécdota daqueles anos nos que todo estaba por facer quixo pr en valor o papel de Rosa, compaeira de viaxe de Domingo “entre os dous a fama do noso comedor foi medrando e pouco a pouco os comensais chegaban de todo o campus”.Pasaron os anos e, o que naquela era un alumno de segundo curso, hoxe é o director da escola, Íigo Cuias, quen fixo referencia “ao calor de Domingo, o seu agarimo, alguén que sempre tia unha palabra amable e animosa”, un aspecto no que tamén fixo fincapé Xulio Fernndez, que se referiu ao homenaxeado como “un anfitrin fantstico que, ademais de darnos de comer, nos fixo partcipes dunha maneira de facer que penso deixou unha forte pegada en todos os que con el convivimos” e José Durany, que lamentou a dureza dunha enfermidade “que rompe os ciclos naturais da vida” e coa que el est especialmente sensibilizado xa que hai apenas un mes arrebatoulle a súa irm, a tamén docente desta Universidade Mercedes Durany.
Unha rbore e unha placa no seu recordo
En nome da familia e dos seus amigos falou Carmia de Soutomaior, colaboradora de Amoedo nas súas múltiples tarefas sociais. Nunha emotiva intervencin, Carmia lembrou as variadas facetas dun “home coherente e solidario, que buscou mellorar todo aquilo que o arrodeaba” e que por riba de todo era “vital, amante da terra e dos amigos”. Desde a súa “querida aldea de Paredes”, que o viu nacer e medrar, ata Pazos de Borbén, o seu concello de adopcin “que tanto amou”, Carmia puxo en valor aquelas facetas de Domingo menos coecidas no mbito universitario: a de ecoloxista, dinamizador cultural, poltico e, sobre todo, gran recuperador do sern... “por todo o que significou nas nosas vidas e porque foi un referente digno de imitar, non o esquecemos e proclammolo bo e xeneroso”.E, tras as lembranzas no saln de actos, e acompaados do gaiteiro Xocas, amigo de Domingo, os asistentes homenaxe, chegados de diferentes escolas e facultades, as como de Paredes e Pazos de Borbén, trasladronse ao patio da cafetera, onde se procedeu plantacin dunha rbore autctona, un cancereixo ou escabonis, e, xa no interior, ao descubrimento dunha placa conmemorativa conforme a Xunta de Escola dedica o espazo memoria de Domingo Amoedo.
