DUVI

Diario da 鶹

Desde 2021 era por nomeamento decana comisaria deste centro

Laura Carballo é elixida decana da Facultade de Relacins Internacionais

A súa candidatura, a única presentada, foi refrendada por unanimidade

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Democracia
  • Institucional
DUVI Ourense 28/11/2025

A Facultade de Relacins Internacionais do campus de Ourense celebrou esta semana as súas primeiras eleccins a decana ou decano. A única candidatura presentada, a da catedrtica Laura Carballo, foi elixida por unanimidade pola Xunta de Centro. Cando se puxo en marcha a creacin desta facultade ela foi nomeada decana comisaria dela e catro anos despois convértese na súa decana despois de superar un proceso electoral.    

“Eu fun nomeada decana comisaria en decembro de 2021 e non foi ata esta última eleccin a representantes de Xunta de Centro que conseguimos acadar o número mnimo de representantes para poder convocar unha eleccin a decanato (dez membros segundo o regulamento electoral)”, explica Laura Carballo. O equipo decanal da Facultade de Relacins Internacionais seguir sendo o mesmo que ata o de agora, estando ademais de Laura Carballo, Laura Movilla como secretaria académica e Elena de Prada como vicedecana de Internacionalizacin. 

Agradecendo a confianza depositada pola Xunta de Centro e o compromiso de continuidade do seu equipo, Laura Carballo apunta algúns dos retos que se presentan para os vindeiros seis anos de mandato que se abren agora. “Este ano gradúase a primeira promocin do Grao de Relacins Internacionais e estamos moi ilusionadas con este feito”, comenta. Neste senso sinala que “estamos desexando ver que camios collen as nosas graduadas e graduados, como os podemos apoiar nestes primeiros pasos no mundo laboral e que leccins podemos extraer para o grao”. 

Igualmente, a decana apunta que o centro traballa con ilusin sobre a posibilidade de que o Grao en Relacins Internacionais “medre en alumnado e colaboracins externas con outras universidades, entidades, empresas e organizacins internacionais”. Ademais, engade, “esperamos acadar as condicins para pasar a fase de implantar dobres graos en datas prximas”. 

Dilatada traxectoria internacional

Laura Carballo Pieiro (Marn, 1971) é catedrtica de Dereito Internacional Privado e ata a súa incorporacin 鶹 en 2021 foi Chair of Maritime Labour Law&Policiy na Nippon Foundation, da World Maritime University (Suecia), unha organizacin internacional creada pola Organizacin Martima Internacional. Especialista en litixacin internacional, dereito de insolvencia transfronteiriza e dereito laboral martimo internacional, foi galardoa recentemente coa Medalla de Investigacin Domingo Garca-Sabell da Real Academia Galega de Ciencias. É consultora de organizacin internacionais como a Organizacin Internacional do Traballo, a Organizacin Martima Internacional e a Organizacin das Nacins Unidas para a Alimentacin e a Agricultura. Foi investigadora e profesora convidada en numerosas institucins entre as que destaca a Academia de Dereito Internacional da Haia, onde impartir un curso de vern especial en 2026.