DUVI

Diario da 鶹

O profesor de Belas Artes presenta na Casa das Camps ‘El aprendiz de lengua extranjera’

Juan Carlos Meana indaga no seu novo libro sobre como as palabras nos constrúen

Trtase dunha reflexin sobre como o idioma inflúe na percepcin dunha realidade

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • پܱ
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 03/04/2019

Como unha “acta notarial onde se vai solapando a experiencia persoal cunha reflexin sobre a lingua e como esta nos transforma” presenta o artista e profesor da Facultade de Belas Artes Juan Carlos Meana o seu novo libro El aprendiz de lengua extranjera, que na tarde deste mércores centraun coloquio na Casa das Camps, no que oartista e ensasta estar acompaado pola historiadora de arte e comisaria Elena Bangueses. Partindo das súas propias experiencias nunha estada dun ano en Londres, Meana propn neste novo libro unha reflexin sobre “como construmos a nosa subxectividade e a facemos crecer no contacto cos outros”, sobre como, sublia, “a nosa relacin coa realidade pasa pola palabra”.

“Tmase como pretexto o proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira para falar dunha experiencia que crea subxectividade”, sinala o profesor do Departamento de Pintura do libro publicado por Arte Activo Ediciones, no que reflexiona sobre como “cando cambiamos de contexto e a realidade pasa por outra lingua que non é a materna”, isto trae consigo un “proceso de observacin e achegamento” realidade diferente do vivido a través do idioma materno. Ao longo do libro Meana traza un paralelismo entre ese achegamento a unha nova realidade, “moito mis preciso e consciente”, que implica a aprendizaxe dunha lingua estranxeira e o propio coecemento da lingua materna, “feita de automatismos que nos posúen”. Nese senso, o autorbusca pr de relevo no libro que, tras ser presentado o pasado mes de novembro no Museo Artium de Vitoria, nesta xornada centra unha actividade promovida polo Ateneo de Pontevedra na Vicerreitora do Campus, como as persoas “estamos xa moldeados”, pola lingua, “que é moito mis que unha mera ferramenta para comunicarnos”. Trtase, sinala, “da forma de articular o noso pensamento racional e sensible establecendo as a nosa relacin coa realidade”, motivo polo que a aprendizaxe dunha nova lingua, sostén, é tamén “unha oportunidade para pensar na propia”, para reflexionar, como acontece neste libro, sobre como “a nosa identidade est forxada sobre unha subxectividade moi frxil, non exenta de ser ampliable”, neste caso, como aprendiz dun novo idioma. “Falar unha nova lingua é forxar unha nova forma de pensar”, conclúe.

Nin relato, nin poesa, nin ensaio

Á hora de describir o seu terceiro libro, tras El espacio entre las cosas (Deputacin de Pontevedra, 2002), La ausencia necesaria (Dauro, 2015), Meana recoece que El aprendiz de lengua extranjera “non é un ensaio ao uso sobre a linguaxe,para iso hai expertos na materia”. Mais ao mesmo tempo, o ex-decano de Belas Artes salienta que tampouco un libro de poesa, “anda que poida haber certa prosa poética”, nin tampouco “un relato que conte unha historia”. Trtase, sinala, dunha reflexin “a modo de autoindagacin”, sobre a linguaxe, “sobre aquilo frxil que sostén a nosa identidade como é a lingua”.

Palabras e imaxes, palabras e territorio

Recoece Meana que, como artista plstico, a súa escritura naceu do propio proceso de “pensar sobre as imaxes”, da necesidade de escribir sobre as imaxes, un aspecto quetamén est presente nesta publicacin, que a diferencia das anteriores si partiu dunha reflexin sobre as propias verbas,e que centra un captulo no que aborda os vnculos entre palabra e imaxe, as como o uso das verbas “como elemento plstico”.

Do mesmo xeito, Palabra e lugar é o ttulo doutro dos captulos dun libro nos que Meana incide en que “o dominio dunha lingua é un dos piares de identidade e de ligazn a un grupo social”, de tal xeito que “pertencer a unha lingua é ser partcipe dunha visin do mundo”, mentres que o dominio do idioma dun determinado lugar produce “un sentimento de estranxeira e de aptrida” que, recoece, est “moi presente” no seu propio traballo artstico.