DUVI

Diario da 鶹

O vicepresidente da Comisin Europea impartir este venres unha conferencia na Escuela Naval Militar

Josep Borrell inaugurar o ano académico da Ctedra Álvarez-Ossorio

O seu relatorio estar centrado na contribucin de Espaa UE

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Institucional
DUVI Pontevedra 02/10/2024

Alto Representante da Unin Europea para Asuntos Exteriores e Poltica de Seguridade e vicepresidente da Comisin Europea, Josep Borrell protagonizar este venres a conferencia de apertura do curso académico 2024/2025 da Ctedra Almirante Álvarez-Ossorio, que promoven conxuntamente a 鶹 e a Escuela Naval Militar (ENM). La contribucin de Espaa a la Unin Europea y a esta como actor global é o ttulo do relatorio que o exministro e expresidente do Parlamento Europeo impartir este venres 4, s 18.00 horas, no saln de actos da escola con sede en Marn. 

Enxeeiro aeronutico e economista, Borrell Fontelles foi profesor da Universidad Complutense de Madrid entre 1972 e 1982, para logo ocupar diferentes cargos de responsabilidade no Goberno de Espaa. Tras exercer como secretario de Estado de Hacienda, en 1991 foi nomeado Ministro de Obras Públicas, Transporte, Telecomunicaciones y Medio Ambiente. Deputado no Congreso entre 1986 e 2003, Borrell foi posteriormente deputado no Parlamento Europeo, do que foi presidente entre 2004 e 2007. Tras exercer como presidente do Instituto Universitario Europeo de Florencia e como titular da Ctedra Jean Monnet de Integracin Econmica Europea da Complutense, en 2018 convertase novamente en ministro, neste caso de Asuntos Exteriores, Unin Europea y Cooperacin. Ao ano seguinte, deixara esta carteira para retornar poltica comunitaria, converténdose no Alto Representante da UE para Asuntos Exteriores e no vicepresidente da Comisin. 

Unha ctedra centrada na formacin e divulgacin

A participacin de Borrell nesta ctedra “non s é unha grande honra, senn que representa unha oportunidade valiosa de difusin social e académica”, sinala a vicerreitora do campus e Pontevedra e membro do comité da ctedra, Eva Mara Lantarn, quen destaca a perspectiva e experiencia do conferenciante hora de abordar cuestins como “a formulacin de polticas europeas”. De a que a vicerreitora poa de relevo o “o que significar súa presencia” para botar a andar a programacin no presente curso dunha ctedra impulsada en 1994 como rgano de relacin institucional para temas culturais, cientficos, técnicos, humansticos e de interese común entre a Universidade e a Armada.

Respecto desta programacin, Lantarn sinala o obxectivo de “dar continuidade s actividades que caracterizaron a nosa ctedra en anos anteriores, mantendo o enfoque na formacin e difusin do coecemento”. Ao mesmo tempo buscarase “ampliar o impacto” destas actividades, e promover “a participacin activa”, tanto do profesorado e estudantado, como do conxunto da sociedade. Con esa idea, ao abeiro da Ctedra Álvarez-Ossorio impúlsanse cada curso diferentes conferencias e mesas de debate, mais tamén outras actividades como o Concerto de Nadal da Unidade de Música da ENM ou o Trofeo Ra de Pontevedra, regata na que compiten estudantes do campus e da escola con sede en Marn. 

Por outra banda, esta programacin buscar no presente curso afondar nas contribucins de Espaa en diferentes mbitos, con actividades como o relatorio de Borrell e outra serie de encontros nos que “diferentes personalidades abordarn esta temtica desde varias perspectivas, inclundo a investigacin cientfica, a poltica pública, o deporte e a prctica profesional”, adianta Lantarn. “Cremos que este enfoque non s é pertinente, senn tamén necesario nun contexto social onde os desafos que se nos formulan son cada vez mis apremiantes”, conclúe.