DUVI

Diario da 鶹

O ex-ministro e embaixador de Espaa ante a Unesco ofreceu un relatorio na FCEE

José Manuel Rodrguez Uribes: “A cultura debe ser entendida como un dereito, como unha industria e como un valor”

No marco do Seminario de desenvolvemento local e comunitario da Fundacin Isla Couto

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Visitas
  • é
M. Del Ro DUVI 13/12/2022

A cultura como un dereito; a cultura como unha industria e a cultura como un valor. Sobre estas tres facetas da cultura reflexionou este martes no campus de Vigo o ex-ministro de Cultura e embaixador de Espaa ante a Unesco, José Manuel Rodrguez Uribes. A súa intervencin serviu para abrir as actividades do Seminario de desenvolvemento local e comunitario da Fundacin Isla Couto, que desenvolver actividades ao longo de todo o curso na Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais. Rodrguez Uribes, que foi presentado pola decana do centro, Dolores Garza, centrouse nos desafos globais e locais da cultura e as achegas da Unesco neste contexto. 

Profesor titular de Filosofa do Dereito na Universidad Carlos III de Madrid e especialista en Dereitos Humanos, Rodrguez Uribes foi ministro de Cultura e Deporte (2020-2021) e director xeral de Apoio s Vtimas do Terrorismo (2006-2011). Na súa intervencin recalcou que a cultura debe “pensarse en tres sentidos”. Por unha banda, debe ser entendida como un dereito, “un dereito tanto da cidadana, que se lle debe garantir o acceso mesma, e como un dereito das e dos creadores, un eido moi relacionado cos dereitos de autor, a propiedade intelectual e os dereitos laborais”.

Por outra banda, a cultura tamén pode ser entendida como unha industria e, como apuntaba o ex-ministro, “falar das industriais culturais é falar do cine, a literatura, a danza, as artes escénicas, a música, a arte, etc.”, sectores que representan “arredor do 4% do PIB”, unha porcentaxe que supera o 5% se se suman os dereitos de autor. Insista neste aspecto, porque a cultura “non é s un dereito dos cidadns e dos artistas, senn que nas sociedades contemporneas forma parte da actividade econmica, crea emprego, crea riqueza e, polo tanto, ten un valor econmico”.

A terceira visin é a cultura como un valor, “que ten que ver coa propia condicin humana, porque como dican os clsicos do Renacemento, o ser humano é o único animal capaz de crear beleza a través da literatura ou a pintura, etc.” E é que “crear beleza e expresar sentimentos ten que ver con esa idea da dignidade humana, é un valor cunha dobre proxeccin: a universal e humanista, con independencia da orixe, raza, etc. e que atinxe defensa a conservacin dos valores identitarios dos pobos, como a lingua, as tradicins ou o patrimonio”. 

Polo tanto, destacaba, “a cultura é un dereito, unha industria e un valor e, como tal, est situada como un dos dereitos humanos”. Neste sentido, lembrou que a Unesco se creou para “promover a paz a través da cooperacin en materia de educacin, cultura e ciencia; pero a paz non como ausencia de guerra, senn unha paz xusta, con valores, con contidos e con dereitos”.

Os desafos: o cambio climtico, a guerra e o acceso cultura

Na súa intervencin, Rodrguez Uribes tamén abordou os principais desafos aos que se enfronta a cultura. Primeiramente, referiuse ao cambio climtico, unha ameaza crecente a pesar “do traballo concienciudo, sistemtico, local e global para defender a cultura, o patrimonio e o medio ambiente”. Outro dos desafos actuais é a guerra, “cando non pensabamos que tras a IIGM volveramos a ver unha guerra en Europa” e o terceiro, “menos tremendo, pero moi importante, est relacionado co feito de que a cultura é un dereito e un deber”. Neste eido, recalcou, cmpre garantir o acceso cultura, fronte a barreiras como a fenda dixital, tanto referida s persoas de certa idade como a determinados territorios, e cmpre avanzar na creacin “dunha carta de dereitos e deberes dos creadores que os dignifique na súa enorme contribucin, non s como valor social compartido, senn tamén como industria xeradora de riqueza e emprego”. 

Espaa na Unesco

A Unesco conta con seis grandes programas no eido cultural e ambiental e sobre eles Rodrguez Uribes achegou algúns datos referidos a Espaa. Por exemplo, é o terceiro pas do mundo en recoecementos de patrimonio mundial, despois de Italia e China e empatada con Francia. Conta cun total de 49, entre as que estn o casco vello de Santiago, os camios de Santiago, a muralla de Lugo e a Torre de Hércules. O embaixador tamén se referiu ao patrimonio inmaterial, un eido no que Espaa é quinta no mundo; s cidades patrimonio, unha listaxe na que hai 15 localidades espaolas ou s cidades creativas, con dez espaolas. O ex-ministro tamén resaltou que “somos o segundo pas do mundo en relacin aos xeoparques”, o último deles recoecido a semana pasada: Cabo Ortegal e “somos o primeiro pas do mundo en reservas da biosfera, con 52”, como as Terras do Mino ou o Xurés”.