Nun seminario virtual promovido polo Observatorio da Gobernanza G3
Investigadores de varios pases analizan os elementos comúns que definen as diferentes fronteiras
No marco dun proxecto financiado polo goberno mexicano
Definir un modelo de anlise comparada aplicable s diferentes fronteiras do mundo é o propsito central do proxecto La reconfiguracin y nuevas funciones de las fronteras del siglo XXI: entre la integracin/desintegracin, desfronterizacin/refronterizacin y cooperacin/conflicto, no que se insire o seminario virtual no que participaron investigadores das universidades de Vigo e Arizona State e do Colegio de la Frontera Norte (Colef) mexicano. Promovido polo Observatorio da Gobernanza G3, este foro tia como obxectivo debater os resultados dos traballos de campo realizados en diferentes zonas fronteirizas de Europa e América co propsito de identificar os procesos e elementos comúns que definen estes espazos.
De carcter virtual, o seminario foi presentado polo coordinador do Observatorio da Gobernanza e decano da Facultade de Direccin e Xestin Pública, Enrique Varela, e contou coa participacin, desde este centro, da investigadora do Colef Hilda Garca e do profesor da Arizona State University Francisco Lara-Valencia, as como coa intervencin por videoconferencia do profesor da 鶹 e coordinador académico do Observatorio das Dinmicas Transfronteirizas da AECT Ro Minho, Xavier Martnez Covas. Baixo o ttulo de Pensando modelos de ndices de desenvolvemento transfronteirizo para comparar fronteiras globais, o obxectivo deste seminario, explica Varela, era “pensar modelos de anlise” dos espazos fronteirizos, partindo dun dos casos de estudo deste proxecto financiado polo Consejo Nacional de Ciencia y Tecnologa (Conacyt) do Goberno de México, o da “raia húmida” entre Galicia e o Norte de Portugal. De feito, ademais de tomar parte nesta xornada, Garca e Lara-Valencia participaron xunto con Varela nunha serie de entrevistas con responsables da AECT Galicia-Norte de Portugal e do Eixo Atlntico nos últimos das.
Realidades diversas, pero con puntos comúns
Escenarios tanto de traballo conxunto de entidades de diferentes pases como de crises polticas e humanitarias, o concepto fronteira engloba un conxunto de realidades que presentan “diferencias significativas”, pero que tamén “xeran procesos sociais, econmicos, polticos e culturais mis ou menos similares”, como recoece Lara. Nese senso, o propsito do proxecto de investigacin coordinado pola investigadora do Colef Mara del Roso Barajas é “desenvolver un esquema de anlise que nos permite identificar os procesos e os efectos que teen as fronteiras, independentemente do lugar onde se empracen”, engadiu este investigador. Liderado polo Colef e poloo Centro de Աپ en Alimentacin y Desarrollo (CIAD) de México, no proxecto participan, xunto a Vigo e Arizona State, as universidades de Sevilla, Torino e Guadalajara, as como o Colegio de la Frontera Sur mexicano. A investigacin, como explica Garca, arrancou en 2020 e abrangueu o estudo de diferentes fronteiras, como as de Espaa con Portugal e Marrocos, a de México e Estados Unidos ou a tripla fronteiraentre Brasil, Arxentina e Paraguai. “Estamos conclundo coa recoleccin de informacin, para poder levar a cabo unha comparacin dos datos obtidos”, sinala respecto dun proxecto que concluir en 2024.
Con esa idea, cada estudo de caso conta coa participacin de académicos de diferentes pases, como foi o caso do coordinador do Observatorio da Gobernanza, que traballou tamén na fronteira norte mexicana xunto os participantes neste seminario. "Un dos problemas aos que nos enfrontamos é que s veces queremos interpretar outras realidades a partir da experiencia e do entendemento que desenvolvemos localmente”, sinala nese senso Lara-Valencia, que incide na importancia de sumar diferentes perspectivas deteccin deses elementos comúns. De feito, explica, un dos aspectos que permitiu constatar o estudo comparado de fronteiras moi diferentes é que “a construcin de estruturas de xestin é sempre complicada”, dada a “tendencia que teen os estados nacionais a centralizar a xestin”, o que deriva nunha “sorte de loita entre os actores mis locais, que levan s comunidades que viven na fronteira a interconectarse, e as forzas que se exercen dende as capitais, que tratan de preservar o control e a integridade dos territorios”.
Unha anlise marcada pola covid-19
Anda que non formaba parte dos obxectivos iniciais do proxecto, a situacin provocada pola covid-19 no ano no que este botou a andar, 2020, fixo que os efectos da pandemia sobre as fronteiras se convertesen tamén nun dos focos de anlise dos investigadores e investigadoras participantes. Ese foi o caso do estudo que Varela centrou nas eurocidades Tui-Valença e Tomio-Vila Nova de Cerveira e no que buscou afondar, explica, no “concepto de resiliencia, en como as institucins e os actores sociais conseguiron ou non sobreporse s limitacins impostas pola covid-19”.
Nese eido, un dos focos de anlise, como engadiu Garca, foi comparar o acontecido nunha “fronteira tan integrada e que coopera tanto” e que a pandemia levou a manter pechada durante meses, fronte outras “fronteiras tan asimétricas e tan controladas, como a de México e Estados Unidos”. De feito, recoece, foi nesta última onde puideron detectar “accins especficas de cooperacin, como programas binacionais de vacinacin”, que permitiron a cidadns mexicanos vacinarse en Arizona sen necesidade de visado. “Foi moi interesante ver que o grao de formalizacin e institucionalizacin da cooperacin transfronteiriza entre Portugal e Espaa, no contexto da Unin Europa, soamente fai posible certas formas de cooperacin”, engadiu Lara-Valencia, que incide en como a falta de estruturas formais de cooperacin pode nalgúns casos xerar “formas de cooperacin novas e cun impacto moi forte sobre o benestar das comunidades da fronteira”.
