Os resultados acaban de ser publicados pola revista 'Communications biology', editada por Nature
Investigadores da 鶹 participan nun estudo que constata que os abellns combaten con éxito a avespa velutina
A pesar destas estratexias de defensa, comprobaron o impacto negativo nas colonias de polinizadores
A revista Communications biology, editada polo grupo Nature, no que participan investigadores da 鶹 e no que se constata que os abellns (Bombus terrestris) son capaces de defenderse dos ataques da avespa velutina. Cando son atacados, os abellns caen ao chan e lévanse con eles s velutinas, o que fai que estas perdan o control ou que os abellns levanten o seu aguilln e pelexen ata que a avespa se d por vencida. Este é un dos resultados da investigacin liderada pola University of Exeter e na que participan varios investigadores galegos, entre eles Salustiano Mato, catedrtico do Departamento de Ecoloxa e Bioloxa Animal e a investigadora Sandra Rojas, ambos da 鶹.
O estudo aborda as repercusins que provoca a V. velutina noutras colonias de insectos distintas s abellas melferas, marxe da propiamente dita accin predadora. E foi no proceso de elaboracin deste estudo cando os investigadores presenciaron mis de 120 ataques deste tipo nunha ducia de localizacins da provincia de Pontevedra e se decataron de que o abelln conta con boas habilidades para defenderse da V.velutina. Con todo, esta estratexia de defensa non resulta ser suficiente, e os cientficos comprobaron que as colonias de abellns reduciron as taxas de crecemento en reas cun gran número de avespas asiticas, o que suxire que esta especie invasora ten un impacto negativo, incluso se os seus ataques s entradas das colonias fallaban.
As avespas velutinas, tamén coecidas como avespas de patas amarelas, xa invadiron gran parte de Europa continental e partes do este de Asia e, recentemente, foron reportadas por primeira vez nos EEUU. Os avistamentos no Reino Unido e Europa continental estn este ano en niveis récord, o que xera temores sobre os polinizadores e require de esforzos sustanciais de control. “Os investigadores do grupo de Bioloxa Ambiental (BA2) da 鶹 somos pioneiros na investigacin sobre os efectos da avespa asitica Vespa velutina no comportamento dos polinizadores silvestres e a polinizacin das plantas nativas”, resalta Sandra Rojas Nossa, do Departamento de Ecoloxa e Bioloxa Animal da 鶹. Como engade Thomas O'Shea-Wheller, autor principal do estudo e investigador do Instituto de Medio Ambiente e Sostibilidade do campus Penryn de Exeter en Cornwall, as velutinas “aliméntanse dunha ampla gama de insectos, includas as abellas melferas. As avespas cazan con frecuencia estas abellas agardndoas en voo suspendido fra das colmeas e atacando s pecoreadoras que regresan de recoller pole e néctar no campo. Rexistramos as velutinas facendo o mesmo cos abellns, pero coa sorprendente diferencia de que, nas nosas observacins non tiveron ningún éxito".
Colonias en 12 puntos da provincia de Pontevedra
Para realizar o estudo colocronse colonias de abellns criados comercialmente en 12 lugares da provincia de Pontevedra, abarcando unha variedade de densidades locais de avespas asiticas. As colonias foron pesadas cada dous das, xa que o cambio de peso é unha medida do crecemento da colonia, e observaron que aquelas en reas con maior densidade de avespas asiticas amosaron un crecemento reducido co teempo. "Non podemos dicir con certeza a que se debe isto", sostén O'Shea-Wheller, pero “é posible que algún factor externo sexa bo para as velutinas, permitndolles prosperar, pero malo para os abellns.” Non obstante, explica o investigador, pode que sexa mis probable que a presenza de avespas asiticas limite o éxito das colonias de abellns. “Anda que os ataques s entradas das colonias que presenciamos non tiveron éxito, existen evidencias de que hai abellns na dieta das velutinas e sbese que son depredadores dos abellns noutros lugares”. Ademais, engade, “defenderse contra estes ataques probablemente implica un custe enerxético, e cando a abundancia de avespas é alta, isto podera ser un problema importante para a busca de alimento.”
Sobre a baixa taxa de éxito das avespas durante os ataques, O'Shea-Wheller remarca que as puido observar “atacando abellns de todos os tamaos, includos algúns que son mis grandes ca elas. Son depredadoras moi persistentes e xeralistas, polo que estes ataques poden valer a pena a pesar da alta taxa de fracaso, sempre e cando a veces consigan unha presa". Por outra banda, lembra que os abellns non evolucionaron xunto coas avespas asiticas, polo que a súa exitosa estratexia defensiva ben pode ser unha "coincidencia evolutiva".
Novas hipteses
Outra das investigacins recentemente publicada polo BA2 d pé para propoer novas hipteses, xa que "as velutinas tamén consomen néctar das flores, o que significa que compiten directamente cos abellns polo alimento e ademais ocorren ataques nas plantas en flor, en particular ao final do vern ou durante o outono, cando unha nova xeracin de novas raas emerxe e acumula reservas para sobrevivir a diapausa invernal", matiza Rojas-Nossa.
O estudo foi financiado polo Consello de Աپ en Biotecnoloxa e Ciencias Biolxicas (BBSRC) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
