DUVI

Diario da 鶹

Financiado con 390.000 euros do programa Ignicia da Xunta

Investigadores de Cintecx desenvolven un sistema que pred a calidade do aire interior en tempo real

A solucin combina dispositivos autnomos de baixo custo cun modelo avanzado de IA

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • HR
  • Աپ
  • Universidade e empresa
  • Աپ
D. Besado DUVI 03/02/2026

A calidade do aire do interior (IAQ) dunha edificacin, ben sexa unha vivenda privada ou un local público (hospitais, escolas, lugares de traballo...) é esencial para o confort, a eficiencia enerxética e a saúde das persoas, pero isto non sempre é doado de conseguir de forma axeitada. Conscientes desta realidade desde o Grupo de Tecnoloxa Enerxética do Cintecx, o Centro de Աپ en Tecnoloxas, Enerxa e Procesos Industriais, acaban de pr en marcha un proxecto, financiado con 390.000 euros do programa Ignicia da Xunta de Galicia, dirixido a buscar solucins s importantes limitacins que presentan os sistemas actuais, que non permiten unha representacin tridimensional e predictiva dos parmetros de calidade ambiental e que teen un alto custo e complexidade de instalacin.

Titulado Monitorizacin da calidade do aire interior e representacin 3D con Intelixencia Artificial, o proxecto est liderado polo catedrtico Enrique Granada Álvarez, e xunto a el completan o equipo de traballo o tamén catedrtico Pablo Egua Oller e o emprendedor Miguel Gonzlez Maquieira, cofundador de diferentes proxectos tecnolxicos. 

“IAQIA3 responde ao  retos que formulan os sistemas actuais cunha tecnoloxa innovadora baseada en Intelixencia Artificial que permite o modelado dinmico, en 3D e no tempo, da calidade do aire interior e a súa integracin con sistemas de xestin de edificios (BMS)”, explica o responsable do proxecto, quen tamén fai fincapé en que isto permite detectar ineficiencias nos sistemas de ventilacin ou adaptarse en tempo real s cambiantes circunstancias derivadas do uso que as persoas usuarias fan dese edificio.

Despregamento rpido e sen infraestruturas complexas

A solucin combina dispositivos autnomos de baixo custo para medir parmetros como dixido de carbono, temperatura e humidade relativa, con opcin de incorporar outros sensores, xunto cun modelo avanzado de IA capaz de xerar modelos espaciais e temporais a partir de medicins puntuais.  Emprega, ademais, comunicacins eficientes e un deseo de baixo consumo que facilita un despregamento rpido e sen infraestruturas complexas.

“A diferencia dos sistemas convencionais, IAQIA3 non s mide, senn que modela e pred a evolucin da calidade do aire en cada punto do espazo, reducindo o número de sensores necesarios, permitindo accins correctivas en tempo real e asegurando a compatibilidade con protocolos industriais como BACnet, Modbus ou Zigbee”, engade Granada.

Ideal para hospitais, centros comerciais, ximnasios…

O mercado obxectivo inclúe hospitais, centros comerciais, edificios de oficinas, terminais de transporte ou ximnasios, e a proposta conta co apoio de numerosos axentes do sector. O proxecto culminar coa creacin dunha spin-off especializada en solucins de IAQ, cun modelo de negocio baseado na comercializacin de algoritmos de IA para visualizacin 4D.

"O financiamento Ignicia permitiranos validar e escalar o noso dispositivo de monitorizacin en interiores en contornas reais, acelerando o seu paso de TRL 7 a TRL 9”, sublia Granada, quen tamén fai fincapé en que, ao tempo, lles facilita a posta en marcha da spin-off, industrializar o dispositivo e consolidar a estratexia comercial. “Ademais, actúa como catalizador para atraer investimento privado e alianzas crave", recalca Granada.