DUVI

Diario da 鶹

Dispoibles de balde na rede en varios idiomas

Investigadoras do campus crean dous vdeos para concienciar mocidade sobre o acoso e o abuso sexual baseado en imaxes

Froito dun estudo no que identificaron o seu impacto nas adolescentes da provincia de Ourense

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI Ourense 17/07/2025

O campus de Ourense acolleu este xoves a presentacin de dous vdeos divulgativos sobre o acoso e o abuso sexual baseado en imaxes. As pezas buscan informar e concienciar ao colectivo adolescente e mocidade universitaria sobre as violencias sexuais en lia, ofrecéndolle ferramentas para saber identificar e actuar ante este tipo de situacins. A idea orixinal e guin son de Mara Lameiras e Yolanda Rodrguez, investigadoras do equipo de innovacin docente Hildegard (Innovacin en Sexualidade, Xénero e Saúde) da 鶹, e a imaxe, animacin e son de Marta Delas. 

Informacin ante unha realidade crecente

Os materiais foron presentados por Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, e as súas promotoras Mara Lameiras e Yolanda Rodrguez, esta última tamén directora da Unidade de Igualdade da 鶹. Concretamente lanzronse dous vdeos, un titulado e outro , estando dispoibles en galego, casteln e inglés. Ambos foron realizados cunha axuda para a consolidacin de unidades de investigacin do Sistema Universitario de Galicia da Xunta e enmrcanse no proxecto #Non+ViolenciaSexualOnline. Sobre a importancia desta iniciativa, as súas responsables sinalan que “as ciberviolencias sexuais, nomeadamente o acoso sexual baseado nas imaxes, son unha realidade crecente que afecta especialmente xente nova e s mulleres. Dispoer de materiais informativos novidosos é clave para previr, identificar e actuar fronte a estas violencias e promover relacins mis seguras, igualitarias e respectuosas”. 

Tal e como se pode ver dun xeito visual, didctico e ameno nos vdeos realizados, o acoso sexual baseado en imaxes, indican as investigadoras da 鶹, é un concepto que engloba comportamentos sexuais non desexados na esfera en lia, como presins ou solicitudes non desexadas de imaxes sexuais (por exemplo, solicitar imaxes espidas) e a recepcin de imaxes sexuais non desexadas (recibir fotos sexuais non solicitadas e non desexadas como por exemplo fotos de penes). Polo que respecta ao termo abuso sexual baseado en imaxes refrese a unha serie de comportamentos de abuso e agresin como compartir imaxes ou vdeos sexuais ntimos sen o consentimento da outra persoa; sacar fotos ou gravar vdeos con contido sexual sen consentimento e compartilos; crear contido sexual sen utilizando aplicacins de intelixencia artificial para editar e manipular o contido sexual e difundilo (fenmeno coecido como deepfakes); e compartir imaxes ou vdeos sexuais sen consentimento con intencin de causar humillacin, vinganza, angustia, acoso, ameazar, manipular ou extorsionar a vtima.

Estudo con 1140 adolescentes da provincia de Ourense

Unha das motivacins que impulsaron a realizacin destes vdeos, explican Mara Lameiras e Yolanda Rodrguez, son os resultados que tiveron nun proxecto de investigacin Inou 2024 financiado pola Deputacin de Ourense-鶹. Nel, o seu equipo avaliou os fenmenos de acoso e abuso sexual baseado nas imaxes nunha mostra de 1140 adolescentes da provincia de Ourense. No mbito do acoso sexual baseado en imaxes entre os resultados acadados sinalan que “as mozas adolescentes ourenss son vtimas deste tipo de violencias sexuais online: un 50,6% afirmaron que recibiron fotos de penes nos seus mbiles sen solicitalas”. Ademais, un 24,2% delas “afirmaron sentirse presionadas a enviar unha foto ou un vdeo espida de tipo sexual cando en realidade non quera facelo”.

Polo que respecta ao abuso sexual baseado en imaxes, as investigadoras destacan entre os resultados do estudo que, por exemplo, ante a cuestin de “cando ests nunha aplicacin ou pxina web de citas (por exemplo, Tinder) e alguén che enva unha foto súa espido/a” atoparon que un 34,5% dos mozos afirmaron que non lles molestara esta situacin, mentres que un 91,9% das mozas sinalaron que se sentiran molestas. “Os mozos ourensns son os que levan a cabo mis comportamentos de abuso sexual baseado en imaxes que as súa compaeiras, xa que dispoen de mis grupos de chat onde comparten contido sexual sen o consentimento da persoa protagonista, crean imaxes falsas ou retocadas con Photoshop ou con aplicacins con intelixencia artificial para enviar ou subir as imaxes s redes sociais sen o consentimento da outra persoa e tamén son eles os que realizan mis capturas de pantalla de imaxes ou vdeos de tipo sexual coa intencin de compartilas sen o consentimento da outra persoa”, indican Mara Lameiras e Yolanda Rodrguez.