DUVI

Diario da 鶹

Na décima edicin do congreso internacional ‘Fugas e Interferencias’

A investigacin sobre performance reúne en Pontevedra e Santiago especialistas de dez universidades

A programacin arrancou o xoves na Vicerreitora e continúa venres e sbado no CGAC

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Congresos e xornadas
  • Աپ
DUVI Pontevedra 07/11/2025

Do labor das performers espaolas nas primeiras décadas do século XXI, s conexins da arte contempornea coa performance, pasando polo estudo de accins levadas a cabo en espazos sagrados ou pola influencia da filosofa oriental na nesta disciplina. Estas son algunhas das temticas abordadas por investigadores e investigadoras de dez universidades na , inaugurada na tarde deste xoves na Vicerreitora do campus de Pontevedra. Promover unha reflexin sobre os novos comportamentos da arte de accin, tanto desde a prctica como desde a reflexin terica, constitúe o obxectivo central deste evento académico, promovido polo grupo de investigacin PE4 Imaxe e Contextos da Facultade de Belas Artes, que este venres trasladaba a súa actividade ao Centro Galego de Arte Contempornea (CGAC).

Nacido hai unha década co obxectivo de fomentar a investigacin académica sobre esta arte, Fugas e Interferencias acolle, entre este xoves e sbado, a presentacin de 13 estudos sobre esta disciplina, por parte de investigadoras e investigadores de seis universidades espaolas, da Universidade de Coimbra, do Instituto Politécnico de Cvado e Ave de Barcelos, da University for the Creative Arts de Cantembury (Reino Unido) e da mexicana Universidad Autnoma de Nuevo Len (México).

Antes de trasladar a súa actividade a Santiago de Compostela, este congreso celebraba a súa xornada de apertura na Vicerreitora, que permitiu pr en valor os dez anos de traxectoria deste congreso, nun acto inaugural no que interviron a directora de rea do Campus de Especializacin Crea, Ana Belén Fernndez Souto; o vicedecano de Relacins Culturais de Belas Artes, Ignacio Pérez-Jofre, e os seus directores, Carlos Tejo e Marta Pol. “Celebrar esta décima edicin significa recoecer a rede de persoas, afectos e colaboracins que o fixeron posible e reafirmar a vontade de seguir pensando a arte de accin desde a porosidade, a crtica institucional e a atencin aos contextos en transformacin”, salientou Pol.

A xornada inaugural completouse cunha mesa sobre as interaccins entre a arte de accin e o contexto poltico e cunha performance do estudante de Belas Artes William Evans Vinuesa, que tia no vio o seu “elemento central”, de tal xeito que o seu corpo foi “ao mesmo tempo, condutor e contedor deste vio”, explicou Tejo.

A actividade continúa no CGAC

Na ma deste venres, o director do CGAC, Santiago Olmo, deu apertura ao segundo da dun congreso que acolle venres e sbado outras catro mesas de presentacin de comunicacins, que teen como eixes temticos as interseccins da arte de accin con outras disciplinas, a reflexin terica sobre esta disciplina e os proxectos de comisariado de performance. Entre outras cuestins, sinala Pol, os diferentes traballos poen o foco en cuestins como as posibilidades da arte de accin “como un dispositivo epistemolxico capaz de xerar coecemento” e nas "interaccins entre performance e comisariado”, contribundo a “unha ampliacin do campo dos estudos performativos cara territorios hbridos onde teora, prctica e mediacin entrelzanse de maneira produtiva”.

Estas mesas combnanse con conferencias como a impartida este venres polo profesor da Facultade de Belas Artes Ignacio Barcia, quen “investiga o termo expandido na tarde contempornea, intentando articular unha teora que nos axude a interpretar o termo desde un territorio onde os lmites das disciplinas conflúen, dialogan ou pérdense”, salientou Tejo. Na tarde deste venres, o CGAC acolle ademais unha performance de Artur Tajber, un artista e investigador polaco cunha extensa traxectoria no eido da arte de accin. Nunha peza inserida no seu ciclo Timemit, Tajber busca afondar na “idea do tempo” a través duns “bucles temporais” que parten de “actividades simples e repetitivas”, realizadas e rexistradas en tempo real, e que conecta “coas realidades do ambiente, do lugar e do tempo da accin”.

Xa o sbado, o congreso acoller tamén unha conferencia da musegrafa Myriam Rubio, curadora adxunta no Museo de Arte Contempornea de Barcelona (Macba), quen propor, a partir de dous proxectos expositivos, unha reflexin sobre os “modelos curatoriais e arquivsticos”, como explicou Tejo. A súa conferencia, engade o codirector deste congreso, “invita a cuestionar como as institucins artsticas poden acoller e comunicar saberes que non se deixan arquivar de maneira convencional”.