DUVI

Diario da 鶹

As se expuxo nunhas xornadas na Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais

A igualdade de xénero nas empresas comeza por valorar a capacidade real das persoas

Teletraballo, conciliacin... "as medidas de flexibilidade teen que ser en todos os sentidos"

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • é
D. Besado DUVI 10/11/2022

A igualdade de xénero nas empresas vai moito mis al da igualdade entre homes e mulleres, comeza por valorar a capacidade real das persoas. Esta é s unha das ideas que se lles transmitiu este xoves s alumnas e alumnos que asistiron s Xornadas A Igualdade de xénero na empresa, unha actividade coordinada polas profesoras do Departamento de Organizacin de Empresas e Marketing Roco Rodrguez Daponte e Pilar Pieiro, con financiamento da Unidade de Igualdade. 

Celebradas no saln de graos da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais, nas xornadas coincidiron diferentes expertas e, cada unha desde a súa propia disciplina, tentaron transmitir a situacin que se vive a da de hoxe no mundo empresarial e as súas opinins sobre  como loitar por seguir acadando novos logros en materia de igualdade. Arrancaron coa participacin da directora do Instituto para el Crecimiento Sostenible de la Empresa, Yolanda Molares, licenciada en Dereito e especialista en formacin no mbito da Igualdade e, a continuacin, foi a directora corporativa do Grupo Real Club Celta de Vigo, Mara José Herbn, a que achegou ao alumnado o caso concreto deste equipo de fútbol de primeira divisin, o primeiro en presentar un Informe sobre o Estado de Informacin Non Financeira, EINF, na temporada 2018/2019, un estmulo que cada temporada lles permite propor plans de mellora que, segundo explicou, se trasladan a todos os departamentos, tanto no enfoque social, como na integracin a nivel de igualdade e de sostenibilidade.

“O mundo cambiou moitsimo, pero o concepto de machismo segue a”

“O mundo cambiou moitsimo, pero o concepto de machismo segue a”, salientoulles Molares, quen defendeu con firmeza que nos considerados pases avanzados, nos que xa se acadaron importantes niveis de sensibilizacin cos temas de igualdade “hai que fuxir das cotas” e “loitar por que nos respecten polo talento, por que se coezan as nosas capacidades e nos deixen medrar”. Nesta lia, a profesora Rodrguez Daponte recalcou tamén a importancia de que as empresas vexan a igualdade como un investimento, non como un gasto. “Hai empresas que redactan plans de igualdade co único obxectivo de acadar mis puntuacin nos concursos públicos, que non se decatan de que se trata dunha ferramenta de mellora que os pode axudar a captar e reter talento”, salientou, ao tempo que fixo fincapé en que, “as empresas non gastan en igualdade, invisten en igualdade”.

Teletraballo, conciliacin laboral, flexibilidade horaria... son algúns dos conceptos que a pandemia trouxo mis que nunca ao centro do debate. Sobre isto tamén se falou nas xornadas, destacndose a idea de que “o compromiso ten que producirse por ambas partes, os equipos directivos e os traballadores e traballadoras”, salientou Molares, facendo fincapé na importancia de que a flexibilidade se produza en todos os sentidos. “Mis al de homes e mulleres todos somos persoas e, no caso da igualdade de xénero e de oportunidades, hai moito que traballar, tanto desde a empresa como desde o propio cadro de persoal”.

Cada vez mis firmas galegas teen selo de Empresas Igual en Xénero

Desde o mbito universitario as profesoras da 鶹 Sonia M. Rodrguez Parada e Belén Fernndez-Feijo, do equipo de investigacin en Igualdade de Xénero da Ctedra Ardn, fixeron un debuxo xeral da situacin actual das empresas galegas en base ao denominado Índice IG, unha ferramenta que proporciona informacin obxectiva sobre o grao de igualdade de xénero no traballo que se observa na empresa, a través dunha seleccin de diferentes variables.

Segundo expuxeron, no caso galego o Índice IG promedio est avanzando cara niveis aceptables situndose este ano en 452 puntos. “Isto supn un crecemento leve, pero representa un percorrido certo nunha realidade empresarial tremendamente incerta”, recalcaron as docentes, ao que engadiron que “incluso as pequenas empresas, que abundan no escenario empresarial galego, demostran que o seu menor tamao non limita a capacidade de progresar en igualdade laboral por xénero”.

Outra das boas noticias que deixou sobre a mesa esta charla foi o maior número de empresas galegas que alcanzan o distintivo de Empresas Igual en Xénero, cun Índice IG promedio de 893 puntos. “O perfil predominante destas 35 empresas é de mis de medio cento de persoas empregadas, con sede social na provincia de Pontevedra e do sector informacin e coecemento”, expuxeron as docentes. Segundo foron relatando, o principal cargo directivo deste tipo de empresas é o dun home, entre 36 e 50 anos, que se rodea dun equipo directivo integrado por homes e mulleres, “un equipo diverso en xénero”. Nesta lia remataron a súa intervencin salientando que “a situacin actual que viven as empresas é tan convulsa que constitúe un pequeno triunfo non ter retrocedido aos niveis de igualdade de xénero no traballo de anos anteriores”.