DUVI

Diario da 鶹

A tese de Daniel Rodrguez analiza a repercusin dos arquetipos nas ilustracins da fantasa

Heroes e monstros que definen sociedades

A persistencia de estereotipos, sinala, limita a capacidade de influencia destes smbolos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Igualdade
  • é
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 22/10/2020

“O ser humano sempre necesitou de smbolos cos que representar a fenomenoloxa interna e externa, formas de explicar o inexplicable”, salienta o artista e investigador Daniel Rodrguez, que centrou a súa tese de doutoramento en analizar a forma na que estes smbolos, arredor dos que “se conforman os grupos sociais e nacen os mitos e relixins”, vense representados, a través de figuras arquetpicas, nas historias fantsticas da literatura, o cinema e a banda deseada. Heroes e antiheroes, monstros e universos de fantasa, estudados desde “a perspectiva da representacin dos smbolos do inconsciente colectivo”, son o eixo dunha investigacin que pon o acento na “enorme” capacidade de influencia destes arquetipos e en como foron empregados tanto para a transmisin de valores como con fins propagandsticos. Do mesmo xeito, a tese afonda tamén en como figuras arquetpicas que “serven de exemplo”, como a do heroe, vense afectadas por “estereotipos que limitan a súa universalidade”, como que de xeito maioritario sexan representados como “un home branco heterosexual”.

Dirixida pola profesora da Facultade de Belas Artes Mara José Pérez Fabello, a tese Monstruos, universos, héroes y antihéroes. Estética y ética en la ilustracin de fantasa centra a súa anlise en “obras de fantasa con contido visual, como literatura, cine e cmics, nas que atopamos representacins nas que a ilustracin ten un papel importante”, explica Rodrguez Palacios, quen desenvolve a súa traxectoria artstica co pseudnimo de Lizartonne. Partindo dos arquetipos, que “definen apartados da personalidade inconsciente que nos axudan a madurar como individuos”, descritos polo psiquiatra e ensasta Carl Gustav Jung e do concepto do “monomito” do antroplogo Joseph Campbell, a tese traza un percorrido polas obras do xénero fantstico mis representativas, tanto do século XX coma do XXI, co propsito de “comprender mellor estes smbolos, a súa proxeccin e transformacin desde a mitoloxa clsica ata as representacins fantsticas contemporneas”.

“Necesitamos heroes mis plurais”

“O heroe reflicte a maduracin persoal de cada individuo de forma simblica, axudndoo en forma de exemplo moral e de superacin”. Mais, ao mesmo tempo, os heroes son tamén “fillos da súa época” e precisan evolucionar “para poder continuar servindo de exemplo”, sinala Rodrguez, que afonda na súa investigacin en como estas representacins “repiten estereotipos que dificultan a inmersin de certos sectores da poboacin”, como acontece coa representacin habitual da figura do heroe. “Para chegar maior parte da poboacin, son necesarios heroes mis plurais”, sostén o autor da tese, que recoece que a da de hoxe poden atoparse “representacins moito mis universais” deste arquetipo, “anda que non son as mis abondosas”.

“O enriquecemento dos heroes, creando personaxes mis plurais é un valor en alza nestes tempos”, nos que a figura que est gaando unha maior importancia, sinala, é a do “antiheroe, un tipo de heroe que non nos ensina como ser perfectos, senn como vivir sen selo e como superarse partindo dunha situacin desfavorable”. A anlise desa figura levou ao investigador a pr o foco no que chamou o “paradoxo do antiheroe”, xa que estes personaxes serven “como exemplo moral negativo, que nos mostra como non debemos actuar e, en moitas ocasins, como redimirnos”, partindo de “actitudes marcadamente inmorais” que o espectador debe poder percibir como tal xa que, do contrario, “podera estar tomndoo como un heroe e imitando esas actitudes”. 

Arquetipos que guan e que manipulan

Outro dos focos de anlise da tese son “os usos que tivo a representacin arquetpica, desde guiar ao individuo cara a súa maduracin, ata xerar odio cara o diferente e manipular o comportamento da poboacin con fins polticos e relixiosos”, explica Rodrguez, que pon o acento no “enorme” poder de influencia dos arquetipos. Na tese, abrdanse diferentes exemplos destes usos propagandsticos, como pelculas de debuxos animados dirixidas ao “altamente influenciable” público infantil, como a curta de “propaganda antinazi” de Disney Der Fuehrer´s Face (1943). Do mesmo xeito, analzanse tamén outros casos nos que este uso faise de “maneira mis velada”, como no Rei Len (1994), onde “aparecen smbolos utilizados durante a Rusia comunista para representar a Scar e o seu exército de hienas”, inimigos dos protagonistas.

A figura do monstro, que “fai referencia aos nosos medos” tamén foi empregada con frecuencia “motivos xenfobos ou de propaganda”, salienta Rodrguez. Trtase, engade, de representacins que falan do “momento que vive a sociedade” e que poden ser empregadas para alimentar “o medo ou o odio dunha parte da poboacin fronte a outra”. Asemade, Rodrguez detense tamén nas representacins do “monstro ritual”, aquel “que axuda ao individuo “a enfrontarse s durezas que lle depara a vida adulta nunha contorna controlada e segura” ou nas dos “monstros prospectivos, que falan dos nosos erros como sociedade”.

Da ilustracin a converterse no propio heroe

Rodrguez analizou tamén como os avances tecnolxicos influron “na representacin e o consumo destes smbolos arquetpicos”, xa que a evolucin “desde as primeiras creacins de xénero fantstico na literatura” acompaadas de ilustracins ao momento actual, os cambios “foron enormes”. Primeiro co uso da fotografa e do cine e, posteriormente, coa chegada dos videoxogos, cos que a “a implicacin do espectador variou a forma de percibir o arquetipo”, permitindo que este se convertese no propio heroe da historia, “chegando mesmo a obter o recoecemento social coa chegada dos e-sports”, ao que se suma a “fiestra pola que transitar universos fantsticos” que supn a realidade virtual.

Como facer un bo uso dos arquetipos?

Titulado en Belas Artes e no mster en Libro Ilustrado e Animacin Audiovisual, Lizartonne combinou a investigacin co seu labor profesional como ilustrador, que na actualidade desenvolve dentro do grupo . O xa doutor impulsou tamén a academia de animacin Kraken, onde produciu curtas como Avelino (2018), que xunto a O boneco constitúe un dos resultados prcticos da tese. Nela buscaba tamén afondar en como facer “un bo uso dos smbolos do inconsciente” como ilustrador, aspecto no que sublia a importancia de “ser moi crtico” e avogar “por personaxes mis complexos e inclusivos”. No caso de Avelino, a curta presenta un monstro “que podera estar representando a calquera colectivo rexeitado da sociedade e que se enfronta a problemas cotis”, tratando as de amosar que “todos temos as nosas loitas internas que nos fan moito mis semellantes do que pode parecer a simple vista”.