DUVI

Diario da 鶹

O supervivinte do accidente de avin dos Andes de 1972 impartiu un relatorio en lia

Gustavo Zerbino: “Non se pode avanzar na vida mirando o espello retrovisor”

Salientou a importancia de aprender a relativizar a dor e converter a adversidade en oportunidade

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
D. Besado DUVI 14/04/2021

Gustavo Zerbino é un dos 16 superviventes do accidente aéreo dos Andes de 1972, unha traxedia que conmocionou ao mundo enteiro e que obrigou a este grupo de persoas, a inmensa maiora estudantes que xogaban no equipo de rugby Old Christians, a sobrevivir durante 72 das e 72 noites a 4500 metros de altitude con temperaturas de ata 40 grados baixo cero, escaseza total de alimentos, carencia de medios, enfermidades e aludes, refuxindose nos restos dun avin que se estrelara das antes. El foi o último que abandonou a montaa e, desde entn, converteuse nun supervivente en todos os sentidos da palabra, experto en liderado, motivacin e superacin da adversidade.

Aquela experiencia cambiou a vida de todos os superviventes, marcou un antes e un despois, e hoxe, case medio século despois, Zerbino compartiu ideas e experiencias con estudantes e docentes da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresarias e con todas aquelas persoas que seguiron en lia o seu relatorio, Xestin da adversidade, unha intervencin que se encargaron de presentar o decano do centro, Jorge Falagn, e Pablo Álvarez, da Fundacin Mentor, as dúas entidades que coorganizan o ciclo Coloquios en tempos de pandemia –xunto coa Fundacin Banco Sabadell e a Área de Benestar, Saúde e Deporte da 鶹-.

A importancia do presente, de vivir a vida cada instante

Iniciou a súa charla dedicndolle unhas sentidas palabras a todos os galegos do Uruguai e a un dos seus amigos, o profesor da 鶹 Alfonso Mandado, con quen, entre outras experiencias, compartiu unha viaxe polos desertos de Dubi. Tras pasar apenas uns minutos do inicio do relatorio, as persoas que seguan a charla xa puideron decatarse de que Zerbino pon paixn en todo aquilo que fai, e defende con firmeza a necesidade de vivir o presente, o único momento sobre o que podemos decidir “o único que nos d alegra e nos fai gozar”, e non pasar a maior parte do tempo preocupados polo pasado, porque xa non podemos facer nada por cambialo, nin tampouco polo futuro, sobre todo porque a imposibilidade de controlalo prodúcenos intranquilidade, medo e angustia. “Non se pode avanzar na vida mirando o espello retrovisor”, sublioulles sen dubidar, ao que engadiu que “é importante confiar en que podemos sar da zona de confort e conseguir o que necesitamos”.

Na actualidade ten case 70 anos e é o mximo responsable da compaa Cibeles SA, representante de Merck Sharp & Dohme, laboratorio lder en investigacin de especialidades farmacéuticas, actividade que combina co seu labor como conferenciante en universidades e empresas de todo o mundo, nas que rescata valores e principios que emerxeron naquelas montaas e nas que amosa o paralelismo co da a da das organizacins mercants e da vida en xeral.

Durante eses 72 das vagaron polas montaas andinas, entre a neve e cun fro glacial, tratando de sobrevivir. Elixiron vivir e para logralo foilles de gran utilidade o deporte ao que dedicaban as súas vidas, o rugby, disciplina que desde pequenos lles ensinara o valor do compromiso, a responsabilidade, a perseveranza e a non dar nada por perdido.

“Unha verdadeira historia de amor, amizade e solidariedade”

Nesa historia de supervivencia, que el cualificou como unha “unha verdadeira historia de amor, amizade e solidariedade”, resultaron bsicos diferentes aspectos. Por unha banda, baixarse do cabalo da arrogancia e a soberbia e subirse ao da humildade, o que supn aceptar a realidade tal cal é –“cando eu son humilde acepto que s non podo e pido axuda”-, e, da outra, perder o medo a equivocarnos e a pedir perdn –“todos nos equivocamos, cando pido perdn damos volta pxina e seguimos xogando o partido”. Xunto a todo isto, unha terceira vertente: o manexo eficiente da enerxa. “A enerxa emocional é 5000 veces mis potente que a mental”, recalcou Zerbino, quen insistiu na idea de que as persoas de hoxe estn totalmente disociadas, teen a mente nun sitio, o corpo noutro, o esprito noutro... “vivimos nun mundo virtual no que podemos estar en todos os sitios ao mesmo tempo e non estamos en ningún”.

Nesta lia o relator insistiu en que un signo, unha accin, vale mis que mil palabras e o verdadeiro liderado na vida consiste en pr o que falta. “Se fai falla alegra son eu o que pon alegra, se fai falla compromiso son eu o que pon compromiso, se fai falta confianza son eu quen a pon...”. En vez de deixarse levar polo rancor, a rabia e a ira, as persoas deben conectarse co amor incondicional, a solidariedade e o perdn. “Todas as persoas teen a súa propia cordilleira e a dor mia, túa, sempre é mis grande. Temos que aprender que a dor na vida é inevitable, pero podo relativizar e cando aprendo a relativizar aprendo a entender e a ter un correcto manexo do presente”, recalcou o poente.