DUVI

Diario da 鶹

Continúa a aposta polo servizo de apoio a iniciativas musicais Ensaiamos

Gústache a música? Queres ensaiar?

O curso pasado participaron no programa 12 grupos e dous solistas

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
D. Besado DUVI 28/09/2018

Gústache a música? Gustarache, xunto con algún compaeiro ou compaeira, formar un grupo? Formas xa parte dalgunha banda pero precisades un local de ensaio ben equipado? Todas aquelas e aqueles que respondan afirmativamente deben botar un ollo nova convocatoria de Ensaiamos, o servizo de apoio a iniciativas musicais posto en marcha en 2006 e polo que a Vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria segue apostando.

O curso pasado participaron no programa 12 grupos e dous solistas, algúns principiantes na iniciativa e outros que, satisfeitos coa experiencia do ano anterior, non dubidaron en repetir. “Ensaiamos é un proxecto xa consolidado do que nos sentimos especialmente orgullosos”, explica Alfonso Caride, técnico superior de Actividades Culturais, que fai fincapé en que moitos dos grupos participantes acadaron xa un gran nivel, caso, por exemplo, de Cool Cucumbers, gaadores do festival Ensaiamos Colleita en 2015, 2016 e 2018. “Son o mellor exemplo, pero non o único, algúns dos grupos que arrancaron o ano pasado acadaron xa un excelente nivel, o que demostra o grao de implicacin e ilusin dos participantes”, engade o responsable de Actividades Culturais, que anima tamén a participar a calquera integrante da comunidade universitaria ao que lle apeteza, independentemente de que tea ou non, unha formacin. “Sempre hai a posibilidade de integrarse nalgún dos grupos ou continuar en solitario. De feito, temos xa algún grupo formado por solistas que non se coecan e que agora son dos mellores”, recalca Caride.

Inscricins ata o 10 de outubro e xuntanzao xoves 11

O local que se pon a disposicin dos grupos ou solistas é o Teatro Vidal Bolao, situado na Cidade Universitaria, e todos os interesados e interesadas en participar no programa teen ata o vindeiro 10 de outubro para tramitar as súas solicitudes. Xusto a continuacin, o xoves 11, haber unha xuntanza na sala 1 do edificio Miralles, de asistencia obrigatoria –cando menos para un representante de cada un dos grupos- para definir os horarios.

Ademais do local, os músicos podern dispor dun equipo que consta dunha batera de cinco corpos, dous amplificadores combo de guitarra de 100w, un amplificador de baixo de 150w, unha mesa de mesturas de 10 canais mono, dous auxiliares e entradas e sadas RCA, dous altofalantes autoamplificados de 300w, catro micrfonos cos seus respectivos soportes e todo o sistema de cables necesarios.

Entre os participantes establecerase un horario de uso do local e do equipo, podendo elixir entre diferentes alternativas: os luns de 12.00 hora a 15.00 horas e de 18.00 a 21.00 h; os martes de 12.00 a 15.00 e de 16.00 a 21.00 h, e os venres de 13.00 a 15.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

O requisito imprescindible para poder participar no programa é que, polo menos, dous integrantes do grupo sexan membros da comunidade universitaria, ou tres se a banda ten cinco ou mis compoentes. Tamén se aceptan solistas ben para formar un grupo entre solicitantes dunha nova banda, ben para integrarse nalgún grupo que precise completarse.

Ensaiamos Colleita, a gran cita co público

Ao igual que nas anteriores edicins, o broche de ouro do programa porao o xa clsico festival Ensaiamos Colleita, unha cita inserida na programacin cultural do segundo cuadrimestre e na que se lle d aos grupos a posibilidade de subirse ao escenario e amosarlle ao público todo o seu talento. Ademais, ao grupo gaador dselle tamén a oportunidade de gravar unha maqueta no estudo da Facultade de Ciencias Sociais e da dzܲԾ co produtor Javier Abreu, o que lle servir ao grupo para completar a súa carta de presentacin musical.