DUVI

Diario da 鶹

Nunha xornada de difusin celebrada este xoves no campus

O Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio pon en valor o seu potencial

Co obxectivo de fomentar a súa actividade de investigacin e transferencia

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Աپ
Rosa Tedn DUVI Ourense 09/01/2020

Co obxectivo de visibilizar, pr en valor e incrementar o seu potencial no eido da investigacin e a transferencia, o Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da 鶹 celebrou este xoves no campus de Ourense a súa primeira xornada de difusin. A cita realizouse nun momento no que o equipo, formado por arredor de 40 persoas, est a vivir unha etapa de crecemento tanto en membros como en proxectos.

“O GEAAT é un grupo moi multidisciplinar que neste momento ten un enorme potencial para a colaboracin tanto en proxectos como en actividades de investigacin e transferencia”, comentou na inauguracin da xornada Beatriz Comendador, unha das investigadoras principais do grupo. Incidindo nestas caractersticas, Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense, recalcou nas súas palabras como “este é un grupo que ten moita actividade, é un exemplo do bo facer dentro dos grupos de investigacin da nosa Universidade”. Pola súa banda, Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia, sinalou a satisfaccin que supn para o seu centro o feito de que “a maior parte dos integrantes deste grupo é xente que dun xeito ou doutro est vinculada nosa facultade”.

Unha “imaxe de conxunto”

Segundo explicou Beatriz Comendador, a xornada de difusin tivo como obxectivo ofrecer “unha imaxe de conxunto” do GEAAT, expondo nela boa parte dos seus membros o traballo que estn a realizar nas súas respectivas lias de investigacin. Previamente xornada, o grupo celebrou no edificio do Campus da Auga, onde conta con diversos espazos, unha xuntanza de seguimento na que se abordaron as lias de traballo abertas. Nun momento no que “hai bastantes incorporacins novas”, Beatriz Comendador indicou como as actividade celebradas este xoves trataron de converterse “nun punto de encontro para homoxeneizar e perfilar ben as nosas lias de investigacin, dando a coecer dentro e fra do propio grupo as cousas que facemos e como as facemos”.

No Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio, lembraron os seus responsables, conflúen diversas perspectivas vinculadas ao estudo do territorio e os recursos naturais no noroeste peninsular, inclundo a súa contorna espazo-temporal e as dinmicas doutros territorios vinculados. As, as súas lias de investigacin son a Arqueoloxa e Antropoloxa Cultural; a Xeografa e Ordenacin do Territorio e as Ciencias da Antigüidade, sumndose como lia transversal a todas elas o Patrimonio Cultural, a súa valoracin, xestin, difusin e educacin. Tendo como investigadores principais a Beatriz Comendador, Ladislao Castro, Fermn Pérez, Susana Reboreda e Elena De Ua, o GEAAT, explicouse nas actividades celebradas este xoves, agrupa persoal das reas de Prehistoria, Arqueoloxa, Historia Antiga e Xeografa Fsica e integra desde profesorado funcionario a colaboradores externos, ascendendo en total a arredor de 40 persoas.

Ademais da participacin en mestrados e programas de doutoramento, deste grupo, nado en 2011, os seus responsables destacaron aspectos como a súa producin cientfica e a súa participacin no proxecto de especializacin do campus de Ourense como Campus da Auga. En 2019, detallaron, o GEAAT recibiu unha axuda na convocatoria do Programa de Consolidacin e Estruturacin de Unidades de Աپ Competitiva da Xunta de Galicia, na modalidade de Grupos con Potencial de Crecemento, que lle permite dar pulo ao seu desenvolvemento.