DUVI

Diario da 鶹

Trtase dunha publicacin electrnica de carcter anual

O grupo EphysLab publica un novo número da revista 'Avances en Ciencias de la Tierra'

Recolle artigos feitos por alumnado universitario e do IES As Lagoas baixo a súa titorizacin

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI Ourense 17/01/2024

Un novo número, o trece, da revista electrnica anual (ACT) xa est dispoible en Internet para as persoas interesadas. O volume, editado por EphysLab, Environmental Physics Laboratory (CIM-鶹), recolle traballos desenvolvidos por alumnado universitario de grao e mestrado e do IES As Lagoas titorizados por membros deste grupo de investigacin do campus de Ourense.

Avances en Ciencias de la Tierra est editada en colaboracin coa Asociacin Ambiental Esclima e preséntase como unha revista cientfica centrada nos distintos mbitos de coecemento relacionados coas ciencias da terra. A diferencia doutras publicacins deste eido, ACT ten, segundo explican desde a súa organizacin, unha dobre vertente: cientfica e docente. Deste xeito, pretende ser primeiro un banco de probas onde alumnado de grao e mestrado aprende técnicas de publicacin cientfica e, segundo, unha publicacin cientfica ao uso, onde o rigor nos contidos alcance os mesmos niveis que na maiora das revistas cientficas tradicionais. Os editores en xefe deste número son os investigadores de EphysLab Diego Fernndez e Rubén Varela.

No volume lanzado agora e correspondente ao ano 2023 tamén se inclúen traballos realizados por alumnado de Bacharelato do IES As Lagoas (Ourense) que participa no programa STEMbach levado a cabo neste instituto, centrado principalmente en bioconstrucin e no que colabora o grupo EphysLab. “Experiencias previas xa nos amosaron a capacidade destes alumnos e alumnas para realizar todo o proceso que involucra a investigacin cientfica, inclundo as ideas iniciais, realizacin de deseos, execucin do plan de traballo e, finalmente, a plasmacin de forma escrita nun artigo cientfico”, recolle o volume. Precisamente o anterior número de Avances en Ciencias de la Tierra foi un monogrfico sobre este STEMbach.

Seis artigos

Son seis os traballos includos neste número da revista. Por unha banda, inclúense tres artigos cientficos que recollen outros tantos traballos fin de grao e mestrado titorizados por membros de EphysLab e que abordan os seguintes temas, en consonancia coas lias de investigacin deste grupo: a caracterizacin do recurso enerxético undimotriz no golfo de Biscaia nun contexto de cambio climtico; as proxeccins futuras de caudais extremos nas principais cidades da conca do Mio-Sil e o modelado fsico e numérico da interaccin entre ondas e obxectos flotantes. Por outra banda, o volume publica tres traballos realizados por alumnado do IES As Lagoas que se centran na medicin de temperatura e humidade do mdulo bioclimtico desenvolvido no centro no marco do citado STEMbach; a construcin dun aeroxerador elico e a anlise da degradacin da madeira tratada ao exterior.