DUVI

Diario da 鶹

Centrado na especie 'Ischnura elegans', da que detectaron unha posible nova coloracin

O grupo EcoEvo realiza o primeiro estudo do polimorfismo de cor nunha libélula das Baleares

Constatando diferencias na súa distribucin entre Mallorca e Menorca

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 26/07/2024

Considerado un fenmeno pouco habitual, que achega informacin sobre os mecanismos de evolucin das especies, o polimorfismo consiste na existencia de individuos dunha mesma especie que presentan varios morfos, diferentes aparencias externas en morfoloxa ou coloracin. No marco dun proxecto dirixido a analizar as variacins de comportamento entre poboacins continentais e insulares dunha mesma especie, o grupo de investigacin EcoEvo (Ecoloxa Evolutiva e da Conservacin), da Escola de Enxeara Forestal, realizou o primeiro estudo sobre a dinmica de transformacin de cor da libélula Iscnhura elegans nas Illas Baleares. Pertencente a un xénero caracterizado pola existencia, en varias das súas especies, dun polimorfismo de cor que se d unicamente nas femias, este traballo permitiu constatar diferencias na distribucin dos morfos de cor entre Mallorca e Menorca. As mesmo, os investigadores tamén detectaron unha “posible nova transformacin” que podera supor a existencia dun cuarto morfo, ata agora non detectado nesta especie.

“É unha especie que levamos moito tempo estudando polo seu polimorfismo, pero non se saba como era nas illas Baleares”, explica o catedrtico Adolfo Cordero, investigador principal do grupo EcoEvo e autor, xunto a Anais Torres e Rosa Ana Snchez, do artigo no que se recollen os resultados destes traballos. Publicado no Biological Journal of the Linnean Society, o principal achado que recolle é que, a pesar da súa proximidade xeogrfica, “as frecuencias dos morfos de cor son ben diferentes entre Menorca e Mallorca”, algo que, recoece Cordero, “non sabemos a que se debe”.

Ao igual que noutras especie do xénero Ischnura, no caso da I. elegans coecase a existencia nas femias de tres morfos de cor diferentes, que ademais “amosan un comportamento diferenciado”, apunta o catedrtico. Trtase dunha coloracin androcroma, que as fai semellantes aos machos, e dúas xinocromas, que as diferencian destes, denominadas aurantiaca e infuscans. Nese senso, un dos resultados que chamou a atencin dos investigadores foi a baixa frecuencia de femias androcromas, que representaban o 15% do total nas diferentes poboacins analizadas. Ao mesmo tempo, o 65% das femias en Menorca presentaban o morfo infuscans, fronte un 46% en Mallorca, onde, por outra banda, exista unha porcentaxe mis elevada de femias con coloracin aurantiaca, o 39%, fronte ao 18% detectado en Menorca.

Un posible cuarto morfo

Estes traballos levaron tamén os investigadores a sinalar a existencia dun “posible novo morfo de cor” nesta especie, nunca detectado previamente. “De confirmarse, sera de moito interese evolutivo, pois esta especie ten tres morfos en toda a súa distribucin e nas illas podera ter catro”, apunta Cordero. Como recollen no artigo, en todas as poboacins analizadas detectronse os tres morfos, mais na localidade menorquina de Son Bou atopronse ademais “dúas femias xuvens que non puideron asociarse a ningunha das formas femininas coecidas de Ischnura elegans”. Tratbase de exemplares caracterizados “pola presenza dunha soa lia negra medio-dorsal trax, como é tpico da morfoloxa aurantiaca, pero que tian un trax violeta claro en lugar de rosa alaranxado, que é a cor esperada para" este morfo. A este respecto, sinalan a posibilidade de que esta coloracin poida ser resultado dun “xene modificador”, tendo en conta, como apuntan no artigo, que “as poboacins pequenas, particularmente en illas, ofrecen oportunidades para novidades evolutivas e, polo tanto, son de particular interese para o estudo de polimorfismos”. 

Baixa densidade e frecuencia de apareamento

Como apunta Cordero, “normalmente esta especie ten unha elevada densidade e polo tanto soe verse en cpula moi frecuentemente”, mais no caso de Baleares, detectouse xusto o contrario, poboacins pequenas, con “baixa densidade e baixa actividade de apareamento”. Este último constitúe, como sinalan, “un dos resultados mis sorprendentes” deste estudo. A este respecto, apuntan a idea de que a concentracin dos machos arredor dos estanques, onde se producen as cpulas, podera levar s femias afastarse, tendo en conta ademais que a densidade dos machos “ten sido considerada unha das impulsoras do mantemento do polimorfismo de cor feminino” neste xénero de libélulas.