DUVI

Diario da 鶹

Celebrouse en Moaa esta fin de semana organizado pola 鶹, a USC e o concello moaés

Grande éxito de participacin na primeira edicin do Congreso de Xeopoltica Participativa

Abordronse temas como a guerra de Gaza, o colonialismo verde ou a inclusin de refuxiados ucranos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Աپ
DUVI 22/07/2024

Cun grande éxito de asistencia celebrouse esta fin de semana en Moaa a primeira edicin do Congreso de Xeopoltica Participativa, unha iniciativa impulsada pola 鶹, en colaboracin coa Universidade de Santiago de Compostela e o Concello moaés. O obxectivo deste evento, baixo o ttulo A xeopoltica e o sector educativo, é dar, dende a Universidade, “unha visin realista e obxectiva sobre os acontecementos internacionais, xa que existe unha gran desinformacin destes acontecementos que son da mxima relevancia actual”. As o resume Breixo Martins, investigador da 鶹 e coorganizar do simposio xunto coa docente da 鶹 Maribel Doval, e o catedrtico do Departamento de Xeografa da Universidade de Santiago de Compostela Rubén Lois.

Os tres, acompaados pola alcaldesa de Moaa, participaron o venres pola tarde na inauguracin do congreso que se celebrou na Casa do Concello de Moaa, nun saln de actos ateigado. Martins valora moi positivamente esta acollida, con preto de 100 persoas, "a maiora vecios e vecias da contorna o que, ao noso entender, é un éxito, xa que este tipo de eventos rara vez son capaces de atraer vecianza e realmente abrir a Universidade a cidadana". O aforo foi case completo en ambas xornadas e un dos aspectos mellor valorados foi o feito de unir nas mesmas seccins poentes das universidades con outros procedentes do mundo social e educativo. Esta maneira de organizar o simposio "permite que a cidadana poida debater con ponentes con diferentes experiencias". Tamén espertaron moito intereseas ponencias que demostraron o papel pioneiro das mulleres na creacin de Europa ou a explicacin e debate sobre os casos dos conflictos de Israel-Palestina ou o do Sahara Occidental.

Tras este éxito, o congreso consolida a vocacin coa que naceu, converterse nunha cita anual que cada vern congregue investigadores, estudantes e cidadana interesados nestas temticas.

Vincular a xeopoltica cos modelos de educacin participativa

Nesta primeira edicin os organizadores optaron por vincular a xeopoltica cos modelos de educacin participativa, porque, como explicaba o catedrtico Rubén Lois, “realmente a xeopoltica non é s o que aparece nos medios, os grandes acontecementos, como os de Gaza, senn que tamén é un proceso de aprendizaxe de como teen que gobernarse os pobos e de como teen que resolverse os conflitos internacionais”.

O encargado de abrir a primeira xornada do foro foi Rubén Lois, que falou sobre xeopoltica e o sector educativo. Despois da súa intervencin tivo lugar un relatorio sobre o proceso de inclusin dos refuxiados ucranos no sistema educativo e outro sobre a desinformacin na poltica internacional e o papel que ten o eido educativo para facerlle fronte. Entre tanto tamén se presentaron as iniciativas Malas Herbas e Tecendo Futuro, dous proxecto do alumnado do IES Paralaia de Moaa.

Na segunda xornada o programa incluu debates e ponencias sobre o papel das mulleres na creacin de Europa; a xeopoltica de Galicia a través da literatura, a arte e o xénero; o programa CBHE de Erasmus+ como eixe de poder brando; a xeopoltica dalgúns conflitos territoriais que afectan aos galegos, como os casos das Malvinas e do Shara; ou o caso do mar do sur de China. Ademais, tamén se abordaron outras temticas, como o espazo ultraterrestre e as relacins internacionais, o conflito entre Israel e Palestina ou as linguaxes, a poltica e os paradoxos xeogrficos, poendo o foco na xeopoltica dos extractivismos, o cambio climtico e o colonialismo verde. O simposio rematou cunha actividade de sendeirismo e reflexin.