O teatro Vidal Bolao acoller as dúas actuacins o 21 de abril
Grande Amore e Berto, o novo xeito da música feita en Galicia no festival Sonora’ 2.2
Presentarn os seus novos traballos discogrficos 'Grande Amore' e 'Viaxe ao espazo interior'
“Grande Amore é a mia vida resumida en 30 e poucos minutos. Ten todas as mias alegras e as mias penas, todo o duro, todo o romntico e todo o escuro que levo dentro cada da, para ben e para mal”. Neste termos se refire Grande Amore, o alter ego do músico de Burela Nuno Pico, ao seu traballo homnimo, nove cancins, que conforman, segundo o seu autor, “un disco de rock and roll, e encntame”, cheo de enerxa, entre a vulnerabilidade e a potencia mis rabiosa.
A mestura entre o post-punk, o synth-punk e as influencias da música galega de Grande Amore, sumaranse o 21 de abril fusin orgnica entre o pop, a electrnica, o trap e o techno de Berto, a metade Verto, que logo da publicacin en 2021 do seu primeiro traballo en solitario Viaxe ao espazo interior, lanzaba o mes pasado un novo E.P Bailar Chikito. Ambos os dous músicos sern os protagonistas de Sonora’2.2 que volver encher de ritmos o teatro Vidal Bolao de Cidade Universitaria a partir das 17.30 horas, nunha nova edicin do festival, que organiza a Vicerreitora de Extensin da 鶹. Grande Amore ser o primeiro en sar ao escenario, nun concerto que pechar Berto e que ser gratuto, con entrada libre ata encher a capacidade do teatro.
Propostas da nova etapa da música feita en Galicia
Berto e Grande Amore achegarn comunidade universitaria e ao público en xeral unha mostra “da nova etapa da música feita en Galicia e que est sorprendendo ao mundo”, sinala o técnico superior de Actividades Culturais, Alfonso Caride, recalcando as, “unha vez mis”, a aposta da Universidade pola emerxente música galega”.
Tras unha serie de singles e EP,s previos, Grande Amore presentar o 21 de abril no teatro Vidal Bolao o seu lbum debut, no que conflúen temas que abordan a desesperacin existencial (Esta pena que a veces teo); a autoparodia (Non sei cantar) ou o goce (Vamos enchernos) a ritmo de guitarra, sintetizador e efectos vocais.Pola súa banda, Berto aproveitou o parn na carreira de Verto para seguir facendo música, cun traballo en solitario a finais do ano pasado e un E.P recentemente publicado, nos que o eclecticismo dentro da música urbana segue a ser a marca da casa. Á fronte da producin musical e voz principal e coa colaboracin estrela de Marinha, Berto mestura o analxico e o dixital, acompaado dunha banda con Lorena “Cachito” batera e Mara Soa nos sintetizadores.
