DUVI

Diario da 鶹

Nunha serie de actividades inseridas no proxecto de investigacin Climability

O futuro profesorado apiase nos ecosistemas costeiros para desenvolver o pensamento sistémico 

Desenvolvidas coa colaboracin da Confrara de Pescadores de Vigo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • é
DUVI Pontevedra 16/10/2025

Financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovacin y Universidades e liderado por investigadores da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, o proxecto busca dotar os futuros e futuras docentes que se forman na universidade de competencias clave para que poidan abordar nas aulas o cambio climtico. Nomeadamente, busca promover o desenvolvemento do pensamento sistémico, que permita ao estudantado comprender como no cambio ambiental global interveen múltiples procesos, que se interrelacionan entre si. Con ese obxectivo, o proxecto coordinado polo profesor Uxo Pérez prevé o deseo, implantacin e avaliacin de diferentes accins formativas que favorezan a abordaxe das problemticas ambientais desde unha perspectiva sistémica e crtica. A primeira delas púase en marcha nos últimos das coa colaboracin da Confrara de Pescadores San Francisco de Vigo e tivo como eixe central a comprensin dos ecosistemas costeiros. 

Coordinada por Pérez e pola tamén investigadora do grupo Cies Mercedes Varela, esta iniciativa comprendeu tanto unha sada de campo como talleres na facultade, dirixidos a promover, explican, “a capacidade de analizar sistemas complexos, identificando elementos, relacins e dinmicas”. Desenvolvida con preto de 50 estudantes da materia Didctica das Ciencias Experimentais II, do Grao en Educacin Primaria, tratbase da primeira actividade con profesorado en formacin que se leva a cabo ao abeiro deste proxecto, que se estender ata finais de 2026. Neste insrese tamén o deseo dun cuestionario dirixido a analizar os coecementos e actitudes dos futuros e futuras docentes respecto do cambio climtico, validado nos últimos meses cunha mostra de preto dun milleiro de persoas. 

Da praia ao laboratorio

Este cuestionario permitir avaliar a adquisicin de dúas competencias clave en materia de sostibilidade, como son o desenvolvemento do pensamento sistémico e do pensamento crtico, por parte do estudantado participante nestes obradoiros. Como explican Pérez e Varela, tratouse dunha actividade dirixida a promover “unha aprendizaxe interdisciplinar e colaborativa”, a través da integracin de “coecementos de bioloxa, ecoloxa, educacin ambiental e arte cientfica”, coa que se buscaba que puidesen comprender as “interdependencias” entre os organismos vivos e os elementos non vivos dun ecosistema, as como “entre as accins humanas e os procesos naturais”.

A primeira das iniciativas foi unha sada de campo praia de Punta Areo, en Teis, onde o patrn maior da confrara, Iago Soto, bilogo e mariscador de a pé explicoulles “o funcionamento dos bancos marisqueiros, as técnicas de extraccin e os retos ambientais que afrontan”, sinala Pérez. O alumnado puido tamén “coecer de primeira man” o traballo das mariscadoras e mariscadores, “as súas ferramentas, técnicas e problemticas”, ao tempo que tivo que “realizar mostraxes ecolxicas na zona intermareal, aplicando estratexias como o uso de transectos e cadernos de campo”, recollendo unha serie de mostras coas que posteriormente traballaran no laboratorio.

Farano na segunda fase desta iniciativa, o obradoiro Desenvolvemento do pensamento sistémico no laboratorio de ciencias experimentais, inserido súa vez no proxecto de innovacin educativa Oportunidades STEAM para desenvolver as competencias matemtica, cientfica e artstica. Seleccionado nunha convocatoria promovida pola facultade, este proxecto ten como obxectivo impulsar un conxunto de experiencias educativas coas que achegar ao futuro profesorado metodoloxas que, desde un enfoque interdisciplinario, combinen matemticas, ciencia e arte. 

Respondendo tamén a este obxectivo, estes obradoiros levaron o alumnado a empregar as mostras recollidas na praia “como base para a anlise cientfica, a interpretacin ecolxica e elaboracin de materiais didcticos”. Nese senso, esta iniciativa buscou non s que o alumnado analizase as mostras recollidas, “identificando especies de bivalvos, algas e plantas marias”, senn tamén que elaborasen debuxos cientficos e “esquemas de distribucin ecolxica” das especies analizadas. Deste xeito, buscbase que puidesen coecer “conceptos clave do ecosistema costeiro”, pero tamén promover unha reflexin “sobre o impacto das actividades humanas no ecosistema”, sinala Pérez. Xunto súa avaliacin ao abeiro do proxecto Climability, estas actividades veranse continuadas por novas propostas como a elaboracin dun “itinerario virtual da praia” ou novos obradoiros, as como coa elaboracin dun “caderno de campo” por parte do alumnado.