DUVI

Diario da 鶹

Especialistas de diferentes pases participan nun simposio na Vicerreitora do campus

Un foro internacional sitúa Pontevedra no mapa dos estudos sobre animacin xaponesa

Promovido polo grupo dx5, busca analizar estes produtos desde diferentes perspectivas

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • پܱ
  • Internacional
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 21/03/2019

Anda que constitúe unha das principais manifestacins culturais de Xapn, en Espaa “non hai unha traxectoria de estudos sobre anime", a animacin xaponesa, unha industria cultural cuxos produtos son consumidos en todo o mundo, explica José Andrés Santiago, investigador do grupo dx5 da Facultade de Belas Artes e director do V Foro Internacional de Creacin na Fronteira, que este xoves e venres reúne en Pontevedra a especialistas neste eido chegados de universidades de Xapn, Suecia, Reino Unido, Hungra e Turqua. Baixo o ttulo de Anime. Unha perspectiva transdisciplinar, este foro busca “situar a Pontevedra no mapa” dos estudos sobre este produto cultural, abordando a animacin xaponesa desde  perspectivas como as artes, a literatura, a socioloxa ou a antropoloxa. 

Inserido no proxecto de investigacin Explorando nuevos territorios grficos desde una perspectiva transdiciplinar. Cmic de campo expandido, el hiperlibro de artista y teoras animéticas contemporneas, financiado polo Ministerio de Economa, este simposio forma parte dunha serie de foros que promove o grupo dx5 (digital & graphic art research). “Interésanos o que est na fronteira, levamos varios anos interesndonos por preguntas que estn en torno grfica”, salientou súa a investigadora, Ana Soler, no acto de apertura, no que tamén participou o director da Área de Cultura, Educativa e de Integracin do campus, Manuel Morquecho, e José Andrés Santiago.

Doce expertos e expertas de diferentes campos e procedente das "mellores universidades con estudos sobre anime do mundo" exercen de conferenciantes dun foro que, como explicou Santiago, ter como resultado a publicacin de todos os relatorios traducidos en casteln. O coordinador deste foro lembrou as mesmo que o punto de partida deste evento foi a súa estada de dous anos, como investigador posdoutoral, na Kyoto Seika University, onde entrou en contacto con boa parte dos conferenciantes, vez que incidiu en que o enfoque destas xornadas é acorde co “esprito de interdisciplinaridade que propugna o campus de Pontevedra e que desde o grupo dx5 sempre intentamos promover”.

Un “momento doce” para manga e anime

A conferencia inaugural deste foro correspondeu a un representante da industria, ao responsable da principal empresa de traducin de manga anime de Espaa, Daruma, Marc Bernabé, quen abordou as particularidades que implica a traducin do cmic xaponés. Nese senso, fixo énfase tanto en aspectos propios da traducin da banda deseada, como “intentar que os textos nos que falan as personaxes soen naturais”, como a cuestins especficas como que o xaponés sexa nalgúns aspectos un “idioma ambiguo” ou as referencias culturais que é preciso adaptar para que sexan comprensibles. O manga, lembrou Bernabé, constitúe unha importante industria cultural no Xapn, onde se publican “mis de 12.000 tomos ao ano”, mentres que en Espaa edtanse preto de 800. Non obstante, sinalou, “o mercado espaol do manga e o anime est nun clarsimo auxe” e incidiu en que plataformas como Netflix fan que hoxe en da sexa posible acceder a un maior número de contidos de animacin xaponesa. "Salvo producins como Sin-Chan, Doraemon ou Dragon Ball Super, non son uns contidos que interesen s televisins en aberto”, salienta Bernabé, quen incide en que “hai bastantes anos que o anime é un produto cultural exportado a todo o mundo e Espaa non é unha excepcin”. De feito, ao seu xuzo, ambos medios viven na actualidade “un momento moi doce” no pas. 

Como abordar estxénero desde a investigacin?

Na segunda conferencia, a profesora da Universidade de Estocolmo Jaqueline Berndt puxo o foco en como abordar a animacin xaponesa desde a perspectiva da investigacin, sinalando que “os tradicionais estudos sobre cine” constitúen unha “aproximacin que non funciona de todo ben” con estes produtos, xa que levaran, desde a súa ptica, a ver estes produtos como algo “que non ten profundidade, que non é mis que fantasa”. Partindo de a, sinalou, “a pregunta que témonos que facer é por que a tanta xente lle gusta o anime”, e subliou que se trata dun produto cultural cun “potencial estético, que é divertido” e no que os espectadores recoecen “cousas sobre a súa vida e sobre as súas propias relacins”, vez que se caracteriza por un ritmo e unha narracin seriada que fai mis apropiado unha aproximacin “desde os estudos sobre televisin”.

Este foro internacional contou tamén coas intervencins da investigadora Alba Torrents, quen abordou a estética e materialidade técnica na animacin xaponesa, da profesora e codirectora do Centro de Arquivos para Estudos sobre Anime da Niigata University Minori Ishida, quen falou esta tarde da conservacin dos materiais xerados na producin de animacin, e do investigador da Academia das Ciencias de Hungra Zoltan Kacsuk, que abordou a dicotoma do concepto manga como estilo e como produto feito en Xapn. Esta primeira xornada contou tamén coas intervencins da profesora universidade xaponesa de Ryukoku Jessica Bauwens, quen abordou o anime desde unha perspectiva de xénero; a investigadora da Universidade de Tohoku Olga Kopylova, quen falou do papel do manga como fonte de contidos para a animacin, e do profesor da universidade britnica de Hull Manuel Hernndez. Xa o venres, o evento complétase coas conferencias de Ida Kirkegaard, investigadora da Universidade de Estocolmo; do profesor da Universidade de Hosei Stevie Suan; da profesora da Universidade do Bsforo Selen Çalık, quen por en relacin anime e videoxogos, e do propio Santiago, que se centrar nas co-producins hispano-xaponesas da década de 1980.