DUVI

Diario da 鶹

Presentou no Congreso un informe para a reforma do financiamento autonmico

O Foro Econmico de Galicia recomenda un federalismo corporativo e a cogobernanza

Entre os autores do traballo est o catedrtico da 鶹 Santiago Lago

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI Ourense 24/06/2024

O Foro Econmico de Galicia, entidade coordinada desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este luns no Congreso dos Deputados, en Madrid, o documento . Nel recomenda, entre outros moitos aspectos, “un federalismo corporativo e a cogobernanza”.

A presentacin estivo encabezada polo presidente do foro, o empresario Emilio Pérez Nieto, e o seu director, Santiago Lago, catedrtico da 鶹. O traballo foi elaborado polos economistas Santiago Lago (鶹); Mara Cadaval, Xaqun Fernndez Leiceaga (Universidade de Santiago de Compostela) e Jorge Martnez (catedrtico emérito da Georgia State University e experto en federalismo fiscal e descentralizacin). O acto contou tamén coas achegas doutros tres especialistas: Ángel de la Fuente, da Fundacin de Estudios de Economa Aplicada (Fedea); Ana Herrero, da Uned, e Francisco Pérez, do Instituto Valenciano de Investigaciones Econmicas (IVIE).

Peticin dunha “axenda reformista”

Segundo explican en nota de prensa desde o Foro Econmico de Galicia, no documento presentado os expertos “anda que recoecen a notable transformacin institucional, econmica e social do último medio século en Espaa, sinalan que coexisten desafos territoriais e institucionais que claman por unha ampla axenda reformista”. Entre estes retos os especialistas apuntan: a "escaseza global" de recursos para as comunidades autnomas, as "disparidades arbitrarias" no financiamento per cpita do sistema, a "limitada capacidade tributaria, a falta de incentivos" para o seu uso efectivo e a "excesiva complexidade" para que a cidadana comprenda o sistema e asigne correctamente as responsabilidades polticas e, por último, os problemas de "estabilidade fiscal" no chanzo autonmico. Todo iso, engaden, “enmrcase nunha débil andamiaxe institucional que precisa dunha reforma estrutural para dar consistencia territorial ao pas”.

Os autores da anlise engaden nela que mellorar a descentralizacin financeira implica fortalecer as institucins de gobernanza propias das comunidades autnomas e fomentar unha maior adopcin da “cultura federal” que avance cara a un federalismo cooperativo que promova a cogobernanza efectiva e solidaria. O documento identifica a equidade e a nivelacin interterritorial como as reas mis complexas do sistema de financiamento. En particular, sinalan os expertos, “o consenso poltico hora de decidir se a nivelacin debe aplicarse de maneira plena ou parcial, constitúe un punto crucial de cara s negociacins de reforma do sistema”. Recomendan que, en coherencia con esta eleccin, débese avanzar en relacin co statu quo e o criterio de ordinalidade. Para iso, apuntan que é decisivo identificar e resolver tres problemas. En primeiro lugar, sinalan que o sistema de concerto/convenio e, en menor medida, o réxime especial canario, deben revisarse e os seus clculos teen que adaptarse s novas regras de redistribucin. En segundo lugar, comentan que a "arbitrariedade resultante no presente da aplicacin do sistema común ten que ser corrixida". Por último, indican que a metodoloxa de clculo dos habitantes axustados precisa adecuarse para garantir unha distribucin mis equitativa dos recursos.

En relacin co concerto vasco e o convenio navarro, o documento afirma que “representan unha anomala sen parangn no panorama internacional”. Os expertos, sinalan desde o Foro Econmico de Galicia, advirten que a eventual extensin deste modelo a outras comunidades autnomas “implicara unha redistribucin dos fluxos fiscais que acabaran por configurar un sistema totalmente diferente do actual e que, posiblemente, ameazara a viabilidade futura do pas”. Por iso, sublian, “é esencial previr e evitar que os tratamentos asimétricos sexan a semente de futuros problemas e xeren sentimentos e realidades de agravio, de forma que calquera solucin de reforma que se adopte debe ser aceptada desde o mbito de cada comunidade, pero tamén desde a perspectiva do conxunto do sistema”.  

Outras propostas

Ademais, os académicos do Foro Econmico de Galicia recomendan a reforma e impulso do Fondo de Compensacin Interterritorial co obxectivo de promover a converxencia econmica e o reequilibrio territorial, sen perder de vista a eficiencia e a rendibilidade social dos investimentos públicos. No que respecta aos mecanismos extraordinarios de financiamento, o informe indica que é necesario fixarse dous obxectivos complementarios: por unha banda reducir as posibilidades de acceso ata a súa final desactivacin e, por outra, facilitar a metabolizacin do endebedamento acumulado, asegurando un trato xusto e equitativo para aquelas comunidades autnomas que non tean utilizado os mecanismos ou que o fixeron en menor medida que as outras. Os analistas lembran tamén a “necesidade perentoria” de definir a reparticin vertical e horizontal dos obxectivos de déficit ao albor da entrada en vigor das novas regras fiscais europeas, e implementar mecanismos de axuste mis xiles para adecuar as contas autonmicas realidade, evitando "as distorsins" na programacin financeira autonmica.