A obra compila 15 artigos escritos polo docente e investigador falecido en 2022
Filoloxa e Traducin homenaxea ao "querido e lembrado" profesor Antonio Rifn cun libro que pon ‘orde no desorde’
A presentacin do volume reuniu a un destacado número de membros da comunidade universitaria
O pasamento, en outubro de 2022, do profesor Antonio Rifn deixou unha fonda pegada de conmocin e tristura na Facultade de Filoloxa e Traducin, “a súa casa durante os últimos 25 anos”. Agora, pasados dous anos desa triste data, as súas compaeiras e compaeiros quixeron renderlle homenaxe coa publicacin dun libro no que se compilan quince dos seus traballos, artigos publicados entre 1996 e 2022, que dan boa mostra da súa ampla e diversa traxectoria profesional, con prlogo do decano, José Montero, e presentacins de cada artigo realizadas por colegas, discpulas e amizades que sintetizan neses preludios o esencial de cada un deses artigos, destacando a súa singularidade e engadndolle o detalle persoal, a lembranza particular.
Editado polo Servizo de ʳܲԲ da 鶹, a presentacin do libro , reuniu no saln de actos da facultade a un destacado número de membros da comunidade universitaria, encabezados polo reitor, Manuel Reigosa, quen destacou o feito de que a presentacin desta obra “é moito mis ca iso, é unha homenaxe a un ser querido que nos agasallou con moitas cousas, como institucin e como persoas, e ao que botamos moito de menos”. Nesta lia, destacou que esta homenaxe “permtenos a lembranza, a memoria e a realizacin dun agarimo moi sentido para un benquerido compaeiro”, retando a todos os presentes a honralo, “facendo o que el fixo durante anos, facer cada da mellor o noso traballo”.
Compartindo mesa co reitor contouse coa participacin do decano da facultade, José Montero, que interveu na súa dobre condicin de decano e editor do libro; o profesor Jorge Luis Bueno, director do Servizo de ʳܲԲ da 鶹, e a catedrtica de Lingua Espaola da Universidade de Santiago de Compostela, Mª José Rodrguez Espieira, que foi a encargada de presentar polo miúdo os contidos do libro dedicado ao “querido e recordado Antn”.
Docente compremetido e cheo de inquietudes
Na súa intervencin o decano, José Montero, fixo referencia a que unha facultade é moito mis que un edificio, é tamén o seu estudantado e o seu profesorado e, nesta lia,” neste centro temos a fortuna de contar cun cadro de docentes de enorme prestixio, un claustro de profesores de absoluto privilexio”. Rifn Snchez foi, a xuzo de todos os que intervieron, un bo exemplo diso, “de profesor comprometido”, “de esprito aventureiro e capacidade de adaptacin”, “de interese polo traballo en equipo e a capacidade de liderado”, “con fino sentido do humor e ausencia total de pedantera”... Un home cheo de inquietudes cunha inmensa capacidade para asumir riscos, que non dubidou en estudar unha segunda licenciatura, Filosofa, e meterse na “aventura de aprender ruso, idioma no que chegou a defenderse sen dificultade”, tal e como lembrou Montero.
“Unha sntese excelente do quefacer investigador de Antonio Rifn”
O volume-homenaxe reúne un número considerable de traballos que o profesor Rifn publicou ao longo da súa vida profesional en revistas especializadas, libros académicos e publicacins moi diversas, pero tamén dispersas. Neste senso, as profesoras e profesores implicados neste proxecto explican no resumo da obra que o ttulo sintetiza ben o eixe central da investigacin deste docente: “poer orde, sistema, nun desorde de datos, de materiais distintos, non sempre fciles de interpretar”.
A seleccin dos contidos foi realizada polos docentes Inmaculada Anaya, Miguel Cuevas, Mara Méndez, José Montero e Susana Rodrguez Barcia. Inclúe unha quincena de traballos de corte esencialmente morfolxico, pero non de maneira exclusiva, de modo que constitúe “unha sntese excelente do quefacer investigador de Antonio Rifn”, unha verdadeira suma no sentido etimolxico da palabra, isto é, como compendio de, na definicin do Diccionario de la Lengua Espaola, "o mis substancial e importante de algo".
Pero mis al de ser unha compilacin de traballos, os compaeiros e compaeiras de Rifn quixeron contribur con achegas persoais a cada artigo, de modo que os traballos, ordenados cronoloxicamente, preséntanse por medio dunha breve introducin, que sintetiza o esencial de cada un deles. Deste xeito, incorpranse ao volume “voces amigas que souberon engadir o detalle persoal”.
