O campus de Ourense acolle este xoves e venres o III Congreso Internacional da Auga
Falando do pasado da auga, falando do futuro da sociedade
Esta edicin est centrada no eido da historia, a xeografa e a arte
No marco do seu proxecto de especializacin como Campus da Auga, este xoves e venres o campus de Ourense acolle o III Congreso Internacional da Auga. A cita, que nesta ocasin ten por lema Auga, sociedade e territorio e est centrada no eido da historia, a xeografa e a historia da arte, manexa cifras de 80 comunicacins e psters de expertos e expertas procedentes de oito pases e arredor de 150 asistentes. “A auga é un ben valiossimo e escaso e co paso do tempo serao mis. Na súa xestin somos debedores dun pasado que debemos coecer e ter moi presente para contribur a un futuro mellor, sobre todo tendo en conta as ameazas que se albiscan no horizonte”, subliaron as coordinadoras do congreso.
A aposta pola auga
A organizacin deste terceiro congreso bianual, que conta co patrocinio do Concello de Ourense e a Deputacin de Ourense, corre a cargo da Facultade de Historia e de membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio, Geaat, da 鶹, tendo como coordinadoras a Susana Reboreda, decana desta facultade, e a Silvia Gonzlez, investigadora Torres Quevedo do Geaat. Na inauguracin da cita Manuel Reigosa, reitor da 鶹, salientou como na actualidade “visualizamos un gran futuro para o campus de Ourense e gran parte dese futuro ten que ver coa aposta estratéxica do Campus da Auga”. Esta especializacin, con froitos como este congreso internacional, o seu programa de doutoramento e no futuro novas titulacins que poidan implantarse vinculadas a ela, apuntou o reitor, far “que o capital humano que vamos a ter no campus relacionado coa auga vai ser de primeira magnitude”, convertendo ao campus de Ourense “nun campus de primeira divisin”. Durante a súa intervencin Reigosa adiantou ademais como “estamos traballando coa Xunta de Galicia para que o campus de Ourense se aproveite da capacidade de xeotermia que ten o territorio” e se converta nun referente neste aspecto.
Durante a inauguracin, Jesús Vzquez, alcalde de Ourense, salientou no seu caso a importancia de iniciativas como o Campus da Auga e o seu congreso internacional para posicionar e reivindicar “Ourense como capital termal de Galicia e creo que de toda a Pennsula” que “quere ser un referente da auga”. Ademais de recalcar este potencial, Rosendo Fernndez, vicepresidente da Deputacin de Ourense, lembrou como na programacin do congreso ter lugar unha sesin paralela titulada Valorizacin do turismo termocultural no Camio Mioto, organizada no marco do proxecto europeo transfronteirizo Interreg Espaa-Portugal Raia Termal, da Confederacin Hidrogrfica Mio-Sil, a Deputacin de Ourense, a Câmara Municipal de Terras de Bouro e a Câmara Municipal de Melgaço.
Pola súa banda, Susana Reboreda destacou durante a inauguracin como “o gran reto que comezou hai dous anos hoxe convértese en realidade”. Por este motivo quixo agradecer a implicacin neste congreso de alumnado e profesorado da facultade e a colaboracin de todo tipo de institucins e entidades. “Foi un traballo moi amplo en tempo e en esforzo pero a resposta foi excelente, polo que estamos todas e todos moi satisfeitos”, engadiu Silvia Gonzlez trala apertura do congreso internacional.
De África a Asturias
O III Congreso Internacional da Auga conta cun intenso programa de comunicacins e conferencias artelladas en catro os bloques temticos paralelos. O primeiro deles est centrado na arquitectura e sistemas de captacin de auga desde a prehistoria ata a época medieval. A conferencia inaugural deste bloque, titulada The interplay of Saharan and Roman water-supply technologies in North Africa: foggaras and aqueducts, foi ofrecida por Andrew Wilson, profesor do Institute of Archaeology da University of Oxford. Na súa intervencin, o historiador explicou as solucins tecnolxicas que no norte de África deron as poboacins indxenas xestin dun ben para eles tan escaso como a auga e como estas solucins foron logo recollidas polo mundo romano e incluso como, estn estudando, puideron chegar a través de militares ao lmite do imperio romano no norte de Europa, un lugar con necesidades de xestin hdrica moi diferentes s do deserto.
O segundo bloque do congreso achégase este xoves arquitectura da auga e ao territorio na época moderna, co obxectivo de ofrecer un marco para abordar o estudo, documentacin e revalorizacin deste patrimonio. Neste caso a conferencia inaugural, De cantera e fontanera: Gonzalo de la Brcena, un mestre de fontes de Felipe II en Asturias (1570-1597), foi impartida por Cristina Heredia, doutora en Historia da Arte da Universidad de Oviedo. Na súa conferencia, Heredia explicou “como se traballou o aspecto de cantera vinculada s obras hidrulicas no mbito asturiano a finais do século XVI”, sendo “o protagonista absoluto Gonzalo de la Brcena”. Ante os problemas de falta de auga que viva a poboacin pola mala xestin deste recurso, este mestre canteiro creou para as tres principais cidades asturianas “un trazado hidrulico de gran complexidade, adaptado ao terreo e empregando ricos materiais ata daquela sen usar”, segundo explicou a historiadora.
Das canles fluviais calidade da auga
Outro dos grandes eixes temticos do congreso é a arqueoloxa das paisaxes fluviais tendo en conta como “ao longo da historia, os vales fluviais funcionaron como elementos bsicos na articulacin do hbitat, na explotacin dos recursos primarios e como medio preferente de comunicacin entre as zonas interiores e costeiras”. Manuel Martn-Bueno, catedrtico de Arqueoloxa da Universidad de Zaragoza, ser o encargado neste caso de dar o venres a conferencia inaugural Cursos fluviais: algo mis que auga. Na súa intervencin, indicou este xoves, far un percorrido polo significado das canles fluviais, desde o aproveitamento e acumulacin da auga ata as inundacins ou os ros como subministro de bens. Sobre a dedicacin deste congreso internacional da auga historia, o catedrtico subliou a necesidade de abordar este ben “desde un punto de vista multidisciplinar e transversal”.
Por último, o cuarto bloque temtico abordar tamén este venres a proteccin e xestin da auga na actualidade ante a idea de que “a importancia da auga no momento presente fai necesario un exercicio de reflexin e debate sobre diversos aspectos relacionados coa súa proteccin e xestin”. A conferencia inaugural ser neste caso Water quality over the Longue duree, the expression of the complex and evolving relations between societies and river basins, a cargo de Michel Meybeck, da University of Paris 6. A programacin rematar para as e os participantes cun percorrido o da 27 por enclaves de interese histrico e xeogrfico de Ourense, como o mosteiro de San Pedro de Rocas, o xacemento de San Victor de Barxacova e a Ribeira Sacra.
