DUVI

Diario da 鶹

Manuel Fernndez Areal faleceu este venres, aos 95 anos de idade

A Facultade de dzܲԾ despide o seu primeiro decano

Foi profesor emérito da 鶹 ata o ano 2010

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Institucional
DUVI Pontevedra 16/01/2026

A 鶹 recibiu cun fondo pesar o pasamento do que fora o primeiro decano da actual Facultade de dzܲԾ, Manuel Fernndez Areal, falecido este venres aos 95 anos de idade. Xornalista e doutor en Dereito, Fernndez Areal desenvolveu unha ampla traxectoria nos medios de comunicacin, as como no eido académico. Procedente da Universidad de La Laguna, no ano 1994 converteuse no primeiro decano da por aquel entn denominada Facultade de Ciencias Sociais, tomando o relevo de Alejandro Pizarroso Quintero, que fora nomeado decano comisario para a posta en marcha do centro. Con motivo da súa xubilacin, no ano 2000, Fernndez Areal foi nomeado profesor emérito da 鶹, o que permitiu que continuase vinculado institucin académica dez anos mis.

“É unha perda que nos apena moito”, recoece a decana da Facultade de dzܲԾ, Emma Torres, que lembra que, como primeiro decano, Fernndez Areal “puxo as bases da facultade e fixo un traballo fundamental na configuracin dun equipo de docentes e no deseo dun perfil formativo, o de comunicadores polivalentes, que hoxe en da é o tipo de formacin que se est a demandar”. Nese senso, Torres destaca a implicacin dun profesional do xornalismo “cos estudos especficos de Publicidade e Relacins Públicas e dzܲԾ Audiovisual”, as como a súa “capacidade de crear equipo e facer crecer facultade”, que se sumaban súa faceta de “excelente profesor de Dereito da Informacin”. Primeiro catedrtico galego en Ciencias da Informacin, a facultade recoecera a súa traxectoria no ano 2008, outorgndolle a insignia de ouro do centro.

Nacido en Ferrol en 1930, Fernndez Areal desenvolveu unha extensa traxectoria no eido do xornalismo, ao longo da que foi director dos diarios Segre, de Lleida, e Diario Regional, de Valladolid, as como dos semanarios La Actualidad Espaola e Mundo Internacional. Foi tamén presidente da Sociedad Espaola de Periodstica e autor dunha trintena de libros, entre os que figuran ttulos como La libertad de prensa en Espaa (1938-1971), Introduccin al derecho de la informacin ou El derecho a la informacin, as como de centos de artigos en revistas académicas dos eidos da comunicacin e o dereito.