DUVI

Diario da 鶹

Coa participacin de profesorado e alumnado de seis pases europeos

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo celebra a súa semana internacional

Comparten actividades académicas, investigadoras e culturais

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Estudantado
  • Internacional
  • Աپ
  • Institucional
DUVI Ourense 23/04/2025

A cita anual da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense coa internacionalizacin é a, que permite a alumnado e profesorado deste centro compartir unha semana de actividades académicas, investigadoras e culturais con profesorado procedente de diversas universidades europeas e alumnado alemn. A edicin deste ano arrancou este luns e prolongarase ata o venres.

A actividade contou na súa apertura coa participacin de Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense. Por parte da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo estiveron Mª Montserrat Cruz (a decana); Mª Beatriz Gonzlez (coordinadora de Internacional) e a profesora Elena Shakina. Nas súas intervencins puxeron de relevo a importancia desta iniciativa na aposta pola internacionalizacin da facultade organizadora e os bos resultados que acada en cada edicin. Trtase, sinalaron, dunha experiencia de intercambio e colaboracin moi enriquecedora no académico e no persoal para as persoas participantes.

Na International Week 2025 participan 12 profesoras e profesores de Polonia, Lituania, Portugal, Alemaa e Italia. Tamén estn dez estudantes da Universidade de Bremerhaven (Alemaa), institucin académica coa que a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo ten unha dilatada traxectoria de colaboracin entre cuxos froitos estn un dobre grao en Administracin e Direccin de Empresas. Por parte do centro ourensn participan arredor de 40 persoas, tanto persoal docente e investigador como alumnado do Grao de ADE. A cita est coordinada por Beatriz Gonzlez, Francisco Reyes, Elena Shakina e Mª Montserrat Cruz.

Cinco das de actividade

A programacin deste ano da International Week mestura actividades culturais, académicas e investigadoras, centrndose en temas como as alianzas internacionais e o crecemento académico, as relacins interculturais, a intelixencia artificial e o turismo sostible. A actividade comezou o luns coa visita cidade de Ourense e xa o martes trasladouse ao campus para centrarse na actividade académica e investigadora. A primeira sesin estivo dedicada s relacins interculturais, buscando “fomentar a colaboracin e a comprensin en contornas académicas a través da conciencia cultural e a inclusin”. En seis conferencias abordronse temas que abrangueron desde a evolucin do turismo de masas ao turismo intelixente ata as oportunidades de negocio na xestin integral e valorizacin de residuos.

Este mércores a programacin est dedicada ao turismo e a economa de servizos e nela examnanse innovacins e desafos nestes mbitos, facendo énfase nas prcticas sostibles en Galicia e Ourense. Xa o xoves ter lugar unha xornada de investigacin organizada conxuntamente co programa de doutoramento en Anlise Econmica e Estratexia Empresarial da 鶹 e o Centro de Աپ Interuniversitario Ecobas. Nela, persoal docente e investigador e alumnado compartirn proxectos en curso co obxectivo de fomentar a colaboracin interdisciplinar e o intercambio de coecementos. Ademais estudantes alemns e ourensns colaborarn nunha sesin interactiva no que abordarn a xestin baseada na evidencia e os métodos experimentais, “promovendo o intercambio intercultural e a aprendizaxe prctica”. O venres a International Week 2025 rematar cunha sesin dedicada ao ensino potenciado con intelixencia artificial, abordando os seus beneficios, desafos e consideracins éticas.