Trtase dunha mostra de Óscar Raa comisariada por Alberto Gonzlez-Alegre
A exposicin 'Xa foi (mais é)' pecha a programacin 2019 da Sala Alterarte
As obras expostas nacen da obra grfica deste ilustrador
Ata o vindeiro 14 de febreiro de 2020, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra Xa foi (mais é), do creador Óscar Raa e comisariada por Alberto Gonzlez-Alegre. Nela, o artista, que compaxina proxectos de cmic, ilustracin e animacin experimental, amosa ao público “unha coleccin de obra recente (algunha feita para a ocasin) que procede de ideas que habitan a mia obra grfica”.
Segundo explica Óscar Raa, a exposicin consta dunha seleccin de obra grfica provinte de traballos previos de edicin, debuxo e ilustracin que “dalgún xeito quixen adaptar ao soporte pictrico co fin de comprobar ata que punto eran transportables esas ideas a nivel de execucin”. Os distintos resultados plsticos que se poden ver na Sala Alterarte, engade o artista, “pretenden pr en cuestin de maneira desenfadada a propia natureza do medio pictrico, dende unha linguaxe crptica e enigmtica que se recrea na orixe dixital das imaxes que o lenzo contén”.
Todas as técnicas e disciplinas que conflúen na mostra, comenta Óscar Raa, converxen en varios eidos comúns, como son “o interese pola composicin no plano e as relacins forma/cor/equilibro que se dan no mesmo; a abstraccin xeométrica; o inevitable parentesco que actualmente se d entre a pintura e o medio dixital (tanto a nivel de consumo de imaxes como de creacin das mesmas); a alusin ao cmic e forza expresiva das súas formas, etc”.
Pintura, animacins proxectadas e traballos grficos
Ademais de obras pictricas en acrlico, a exposicin, que foi inaugurada o pasado 13 de decembro, conta tamén con animacins proxectadas que o artista creou desde Rapapawn, colectivo de animacin experimental do que forma parte xunto a Cynthia Alfonso. “Nestas obras, a imaxe cae presa de sistemas de repeticin que articulan secuencias que nunca chegan a fin algún. O efecto de repeticin inesgotable e de abstraccin transfigurada xera efectos hipnticos que atrapan o ollo do espectador”, indica o ilustrador. A mostra complétase cunha seleccin de traballos grficos impresos extrados da traxectoria recente do artista no campo da edicin e a autoedicin e que “dan fe da relacin indestrutible que existe entre a mia obra impresa e a obra plstica”.
Logo de publicar o cmic Mangy Mutt, explica o comisario da mostra, Óscar Raa (Vigo 1990) presenta agora en Alterarte “Xa foi (mis é), unha colectnea de ambigüidades pintadas de orixe dixital nas que reitera, sempre coa forza evidente dos vnculos forma/cor/composicin, a súa visin sobre o status non resolto do discurso da pintura. Óscar Raa propn ao espectador este enigma de forma crptica pero tamén locuaz”.
