A mostra é obra de Ofelia Cardo e est comisariada por Paula Cabaleiro
A exposicin 'Nada. Ninguén' fai memoria e homenaxe da resiliencia das mulleres na posguerra
Pode visitarse na Sala Alterarte ata o 9 de xaneiro de 2026
Nada. Ninguén é o ttulo da nova exposicin que desde este xoves e ata o 9 de xaneiro de 2026 acolle a Sala Alterarte do campus de Ourense. Comisariada por Paula Cabaleiro, a mostra trae a este espazo de arte contemporneo a obra da artista Ofelia Cardo e a súa homenaxe a “tantas historias de mulleres soterradas, que foron sostén ante a soidade e o silencio, con maridos vtimas, asasinados ou prisioneiros durante esa longa noite de pedra da posguerra, cargando coa responsabilidade de sobrevivir e construr un futuro posible para as súas familias”, tal e como recolle a folla de sala da exposicin. A súa proposta creativa d continuidade ao ciclo expositivo da Sala Alterarte Mutacins Inestables, coordinado polo artista Xavier Blanco.
Implicacin emocional e identitaria
Ofelia Cardo realizou estudos de Belas Artes nas universidades de Valencia e Vigo (campus de Pontevedra), é profesora na Escola de Arte Superior e Deseo Antonio Falde de Ourense e conta cunha dilatada traxectoria de exposicins tanto individuais como colectivas. En Nada. Ninguén, sinala a comisaria da mostra, “evoca o corpo, a dor, a perda, a resiliencia, a supervivencia, a través do baleiro, da ausencia, do silencio, especialmente das mulleres”. A obra de Ofelia Cardo, detalla, presenta “unha forte implicacin emocional e identitaria, un enfoque feminista na procura de xustiza social, que vertebra unha investigacin persoal e minuciosa na cartografa vital da súa familia, para alumear enclaves que tantos anos ficaron soterrados na sombra”.
Segundo explica Paula Cabaleiro, a obra de Ofelia Cardo ten un marcado carcter poltico, entendendo a memoria histrica “como unha débeda, afondando na necesidade de reparar, reconstrur e recuperar, e sabendo que a memoria na democracia nunca vai estar libre de conflitos, senn que é a única maneira de xestionar o conflito”. Neste senso, engade, en Nada. Ninguén tamén se establece “a relevancia de trazar pontes dende as memorias propias ou individuais cara reconstrucin e necesaria salvagarda dunha memoria colectiva, reivindicando o valor das imaxes como parte dese relato”.
A través do simblico, sinala Paula Cabaleiro, as obras de Ofelia Cardo “recollen o loito, o d, a desesperanza, mesmo a barbarie” e "cada elemento, cada material, cada obxecto trnase significado, esboza metaforicamente un relato sensible, impregnado de memoria e acontecemento". E as na mostra Nada. Ninguén poden verse “as puntadas do fo como sutura, a lixivia como procura da pureza, a paleta cromtica da dor como noite, a vestimenta da muller como smbolo dunha educacin catlica patriarcal, as 'malas herbas' e o pan duro como esperanza”. A comisaria da exposicin explica que Ofelia Cardo selecciona cada detalle “para trazar esa cartografa emocional propia, persoal e intransferible, mais tan colectiva e comunitaria que interpela ao público espectador de maneira punzante e ineludible, nunha exposicin que latexa na fenda”. Deste xeito, indica a comisaria, a mostra preséntase como unha “sorte de homenaxe figura da nai, da esposa, da filla, de tantas mulleres que foron sostén dunha sociedade ferida, esnaquizada, sen posibilidade de soar cun futuro posible”.
