DUVI

Diario da 鶹

É unha das iniciativas do colectivo eXXperimenta en Feminino

A exposicin 'Mulleres na Ciencia' fai parada no campus no seu percorrido por centros educativos galegos

Pode visitarse ata o 18 de maio no edificio Politécnico

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Igualdade
  • Cultura
DUVI Ourense 03/05/2022

Desde principios deste curso académico, a mostra Mulleres na Ciencia, posta en marcha polo colectivo , composto por profesoras e investigadoras da Escola Superior de Enxeara Informtica, a Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo e a Facultade de Ciencias do campus de Ourense, est a percorrer centros educativos de toda Galicia. No seu itinerario, desde este luns e ata o 18 de maio poder verse na entreplanta do Edificio Politécnico.  

Trtase dunha iniciativa que conta co patrocino da Unidade de Igualdade da 鶹 e da Fundacin Espaola para la Ciencia y la Tecnologa (Fecyt), do Ministerio de Ciencia, Innovacin e Universidades, e que ten como obxectivo último espertar en rapazas e rapaces a vocacin cientfica suplindo a carencia de referentes femininos no campo STEM. A iniciativa arrancou hai dous cursos académicos, anda que a pandemia impediu o seu desenvolvemento con normalidade ata o pasado ano. Tras a súa parada no campus de Ourense, a exposicin ir ao Colexio Los Sauces, de Vigo, e continuar o seu percorrido ata a primeira quincena de xuo, visitando en total este curso académico 17 centros educativos galegos.

A exposicin, sinalan as súas promotoras, est sendo moi ben acollida polos centros, “que nos destacan nas súas valoracins que é moi interesante e que lles permite achegarse a cientficas que non coecan”. Tamén destacan o feito de que en moitos dos centros educativos participantes aproveitan a visita da mostra para facer actividades complementarias arredor dos seus contidos, como programas de radio ou xogos e conseguir as unha maior implicacin do alumnado.

14 mulleres destacadas

A mostra est formada por 14 psters de gran tamao sobre mulleres cun destacado papel no eido STEM escollidas cada unha delas por un grupo de investigacin que forma parte de eXXperimenta en Feminino. De cada protagonista, a exposicin recolle informacin da súa traxectoria, de cales foron as súas achegas e dos premios ou recoecementos que recibiu tanto en vida como posteriormente. Trtase, apuntan desde a organizacin, de “mulleres que, co seu traballo contriburon a lograr melloras cientficas ou técnicas moi relevantes para o mundo de hoxe e que foron escollidas como referentes ou modelos polas mis de 100 profesoras que participan en eXXperimenta en Feminino”.

A seleccin de mulleres da exposicin abarca desde a investigacin bsica aplicada, desde o mbito galego ao internacional e desde a fsica informtica. As, a través dos paneis expostos, o público pode coecer desde a primeira muller galega (e espaola) en presentar unha tese no campo da astronoma ata a muller que deu o seu nome linguaxe de programacin ADA. Concretamente, a exposicin ofrece informacin da fsica Mileva Maric; da fsica e pioneira na apicultura Eva Crane; da programadora Ada Lovelace; da astrnoma Antonia Ferrn; da bioqumica Margarita Salas; da qumica e nutricionista Elsie Widdowson; da enxeeira qumica Frances Arnold; da enfermeira Isabel Zendal; da microbiloga Esther Lederberg; da psicloga e biloga Linda B. Buck; da qumica industrial e farmacéutica Mara José Núez; da farmacéutica e qumica Tarsy Carballas; da tecnloga dos alimentos Concepcin Llaguno e da qumica e farmacéutica Teresa Toral.

Como alternativa para as persoas que desexan ver os materiais pero non poden facelo de xeito presencial, o colectivo organizador tamén ten realizado unha versin virtual da exposicin. Trtase de 14 vdeos curtos nos que investigadoras e profesoras de catro centros do campus de Ourense explican de xeito divulgativo a traxectoria e relevancia das 14 mulleres referentes no campo da ciencia, a tecnoloxa e as enxearas que forman parte da exposicin eXXperimenta en Feminino. Igualmente, na pxina web do proxecto pdense ver os paneis que conforman a mostra.