DUVI

Diario da 鶹

No obradoiro ‘Hackeando o patriarcado’ celebrado na EU de Estudos Empresariais

Expertas de prestixio analizan con voz de muller as principais causas do “machismo dixital”

Analizaron tamén as causas que motivan a escasa presenza de mulleres nos mbitos STEM

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • Cultura
D. Besado DUVI 12/12/2019

Existe unha hexemona do patriarcado na realidade dixital? É similar ou maior existente na realidade sen conexin? Estes e outros debates son os que se trataron este xoves no obradoiro Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado, unha cita organizada pola 鶹 e a Deputacin de Pontevedra ao abeiro da súa Ctedra de Feminismo 4.0 e na que destacadas profesionais de prestixio analizaron polo miúdo as causas que provocan a escasa presenza das mulleres nas carreiras STEM (ciencia, tecnoloxa, enxeara e matemticas), tanto na universidade como logo no mundo profesional, as como as distintas manifestacins do denominado machismo dixital e a súa repercusin nos videoxogos, os memes, os asistentes de voz, as actitudes misxinas nas redes…

“No mundo dixital as cousas non s nin sequera aceptables e para comprobalo non hai mis que entrar cada da en calquera rede social e ler que acontece cando as mulleres manifestan a súa posicin sobre o feminismo ou outros temas, as descualificacins que sufrimos son terribles”, salientou na inauguracin do encontro a presidenta da Deputacin de Pontevedra, Carmela Silva, quen fixo fincapé na importancia dunha xornada que analiza “con voz de muller cientfica, investigadora, formada, analtica e con moito estudo detrs que est a acontecer no que ten que ver co mundo dixital para polo enriba da mesa”, ao que engadiu que todo o que est a acontecer “non é, certamente, nada alentador, pero temos que polo enriba da mesa e analizalo para dar coas solucins que verdadeiramente nos permitan hackear o patriarcado e cambiar este modelo si ou si”· 

Xunto presidenta da deputacin participaron na inauguracin do encontro, a vicerreitora de dzܲԾ e Relacins Institucionais, Mnica Valderrama; a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gmez, e a subdirectora da escola, Araceli Gonzlez. As tres afondaron na necesidade de non conformarse con esta realidade e de pr en marcha diferentes medidas que axuden a espertar vocacins femininas nas ciencias e nas tecnoloxas, que sexan “motor de impulso e de cambio”, salientou Valderrama. “Convidamos a todos a pornos as gafas lilas para ver que est pasando”.

“Hai miles de exemplos que demostran que a tecnoloxa non é neutral”

O programa das xornadas arrancou coa intervencin da catedrtica de Ciencia da Computacin e Intelixencia Artificial da Universidade da Corua Amparo Alonso, presidenta da Asociacin Espaola para a Intelixencia Artificial, que centrou o seu relatorio na súa especialidade: a intelixencia artificial, “a tecnoloxa que mis est mudando a nosa forma de comportarnos en sociedade”, salientou a experta, que non dubidou en referirse a esta ciencia como un descubrimento que cambiou a sociedade, igual que o fixeron previamente outros como a navegacin ou a electricidade, por iso” é tan importante que nisto as mulleres non volvamos quedar s escuras”.

Na súa intervencin afondou nas diferentes fendas de xénero que existen nas facultades de Informtica, pero tamén no mundo profesional… “Hai miles de exemplos que demostran que a tecnoloxa non é neutral, nin é inocuo o resultado de ter esa desigualdade de xénero”, salientou a experta, citando, entre outros, o caso dos asistentes dixitais, recalcando o feito de que “arredor do 90% son voces femininas, asociadas a unha muller nova, cun carcter humilde, servicial, obediente... que perpetúa eses trazos de xénero”. Falou tamén das construcins que se empregan na linguaxe natural para tradutores en todo o relacionado coa aprendizaxe automtica, “as linguaxes latinas non teen xénero neutro e ao traducir do inglés pasan todo a un xénero que é o masculino ou feminino e moitas veces acaban facendo equivalencias do tipo home-médico muller-enfermeira”.

Mulleres que "deberan ser referencia para o conxunto da sociedade”

Á intervencin de Alonso, seguiulle un relatorio da docente e investigadora do Departamento de Didcticas Especiais da 鶹, Mara Álvarez Lires. A xornada, que asistiron arredor de medio cento de persoas, continuou cunha mesa redonda na que participaron a docente e investigadora da 鶹 Amelia Verdejo Rodrguez; a comunicadora audiovisual de videoxogos e coordinadora de Protesto, o primeiro libro de gamestudies en casteln con perspectiva de xénero, Marina Amores (Blissy), e a tradutora especializada en textos cientfico-técnicos e en localizacin de software e pxinas web, Mercedes Rodrguez Garca. “É un cadro de relatoras conformado por mulleres de luxo, potentsimas, que deberan ser referencia para o conxunto da sociedade”, destacou a presidenta da deputacin, que convidou a todas as e os asistentes a ser “copartcipes das súas reflexins e coecementos”.