Nunhas xornadas coordinadas por docentes da Facultade de CC Econmicas e Empresariais
Expertas avogan por potenciar as polticas de igualdade dentro da responsabilidade social empresarial
A actividade celebrouse no Teatro Vidal Bolao coa asistencia de medio cento de participantes
Potenciar as polticas de igualdade dentro da responsabilidade social empresarial (RSE) é, a da de hoxe, un obxectivo a cumprir para as empresas, non s a nivel galego, senn tamén espaol e internacional. As o deixaron ver este mércores as participantes na Xornada A igualdade na Axenda 2030, unha actividade que, debido actual situacin sanitaria, se celebrou no Teatro Vidal Bolao da Cidade Universitaria, espazo que se acondicionou para mudar a música ou as artes escénicas por un evento de carcter moito mis académico e no que participaron preto de medio cento de asistentes, moitos deles estudantes dos mestrados de Xestin do desenvolvemento sostible e Administracin integrada de empresas e responsabilidade social corporativa.
“A idea das xornadas é transmitirlle ao alumnado e comunidade universitaria en xeral a importancia da Igualdade de xénero dentro do marco da Responsabilidade Social Corporativa”, explicou ao inicio do acto a profesora Roco Rodrguez, coordinadora das xornadas xunto con Pilar Pieiro, docentes ambas da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais e investigadoras da agrupacin estratéxica Ecobas. “O obxectivo é, por un lado, dar a coecer que é a Igualdade, enmarcala na RSC e, xa despois, facilitar algunhas ferramentas que se estn a empregar tanto por parte das empresas como dos organismos públicos”, recalcou a docente.
Un tema no que “queda moitsimo por facer”
O programa da xornada, patrocinada pola Unidade de Igualdade, abriuse coa charla A responsabilidade social e a igualdade, impartida por Ana Rodrguez Vzquez, docente especializada en RSE e Economa Circular e titora do programa Responsabilzate (RSE) da Xunta de Galicia. “A mia idea é relacionar como a igualdade est unida inevitablemente responsabilidade social empresarial”, explicou Rodrguez Vzquez, quen tamén exerce como embaixadora da Economa Circular e a Innovacin Tecnolxica da Advanced Leadership Foundation. “Moita xente non entende o tema da Igualdade co enfoque estratéxico que debera ter, senn como accins illadas”, apuntou a experta, ao tempo que fixo fincapé en que dentro desa responsabilidade social empresarial débense introducir tamén os conceptos dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e, xa mis concretamente, o ODS número 5, centrado en temas de Igualdade.
A situacin regulatoria destas cuestins a nivel internacional, espaol e autonmico foi outro dos temas que se abordou nesta primeira charla das xornadas. No caso galego a experta centrouse no propio programa Responsabilzate, dirixido a impulsar un maior desenvolvemento e implantacin da RSE nas pequenas e medianas empresas e entre as autnomas e autnomos galegos. “Eu penso que as pemes galegas son cada vez mis conscientes da importancia destes temas pero a verdade é que queda moitsimo por facer”, apuntou Rodrguez Vzquez, quen lamentou que, “polo agora é moi pouquio o que se ten feito neste sentido”.
Tras Rodrguez Vzquez, Yolanda Molares, socia directora do Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa SL-ICSEM, centrou a súa intervencin nas diferentes ferramentas que existen na actualidade para implantar os plans de igualdade e o programa da xornada pechouse coa intervencin das profesoras da 鶹 Sonia Rodrguez Parada e Belén Fernndez-Feijo, integrantes do grupo de traballo do IG, un indicador empregado para medir o ndice de Igualdade de xénero nas empresas galegas elaborado por un grupo de investigadoras de Ecobas, en colaboracin con Zona Franca.
