DUVI

Diario da 鶹

Na segunda xornada de liga, mediuse en Pontevedra ao Crculo Ferrolano

O EXP-鶹 salva un empate no seu primeiro enfrontamento como local

O equipo universitario cae ao cuarto posto na clasificacin

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 04/02/2019

Despois de iniciar a tempada na Divisin de Honra do xadrez galego cunha vitoria 1-5 na casa do Recatelo Campus Terra de Lugo, o Escola de Xadrez Pontevedra-鶹 Estratexia pola Paz disputou esta fin de semana en Pontevedra o seu primeiro encontro da tempada como local, no que s puido salvar un empate (3-3) fronte ao Crculo Ferrolano. No enfrontamento celebrado na Casa da Luz, o equipo universitario mediu forzas cun habitual da parte alta da clasificacin, fronte ao que s puido salvar “un emapate in extremis”, como salienta o capitn, Pablo Garca, resultado que fai ao equipo pontevedrés caer ao cuarto posto da clasificacin, que agora lideran Xadrez Ourense, Xadrez Fontecarmoa e USC con nove puntos.

Un punto por debaixo sitúase o EXP-鶹, que rematou lder a primeira xornada, despois deste igualado duelo no que o mestre internacional Pablo Garca ocupaba un dos postos no banco, respondendo as ao "compromiso coas novas promesas e a posta en valor do equipo como unidade”, sinala, nunha rolda na que debutaron co primeiro equipo Francisco Veiga e Vctor Miguel e na que os primeiros resultados deixaron contra as cordas ao equipo local. 

Dúas vitorias contrarrestan un mal inicio

Por unha banda, o debutante Vctor Miguel viu como o “excesivo consumo de tempo” pasballe factura nunha “partida aparentemente controlada” fronte a Walter Rodrguez, ex-campin de xadrez rpido, que fixo uso da súa maior experiencia para agardar os erros do xogador pontevedrés. Acto seguido, o EXP-鶹 sufra unha nova derrota na partida de David Garca, marcada polos enroques en distintos flancos. A este tropezo sumronse a continuacin o empate de Alberto Portela no primeiro taboleiro, no que se mediu ao mestre internacional Diego Guerra, ex-xogador dos universitarios, e as tboas acadadas por Francisco Veiga no segundo tras neutralizar a vantaxe obtida polo seu rival.

As as cousas, o enfrontamento atopbase 1-3 a prol dos ferrolns a falta do remate das partidas nas que Daniel Rivera e Rubén Fernndez amosbanse en “clara desvantaxe”, recoece o capitn do EXP-鶹. O primeiro, relata Garca, viu como un “desacertado medio xogo” facalle perder a súa vantaxe inicial ata situarse nunha clara inferioridade que, grazas súa veterana, foi quen nas xogadas finais de transformar en igualdade e posteriormente "nun final gaador que non perdoou". Tamén con desvantaxe material e de posicin, Rubén Fernndez, unha das novas promesas do club, deu mostra do seu talento e, relata Garca, “tomou a única decisin que poda dar a volta partida, lanzarse a un ataque directo sen pensar no material que a deixar atrs”, decisin que, de feito, deu o segundo triunfo aos locais e sitúou o 3-3 no marcador final nunha xornada que deixou para os once equipos do Escola de Xadrez Pontevedra – 鶹 que compiten na Liga Galega un balance de cinco vitorias, catro derrotas e dous empates. 

Tras este resultado, o EXP-鶹 sitúase cuarto con oito puntos, un por debaixo dos tres conxuntos que lideran a Divisin de Honra, entre os que se atopa o Xadrez Fontecarmoa de Vilagarca, co que o equipo pontevedrés se medir a vindeira fin de semana na terceira rolda da competicin autonmica.