Elena de Ua e Celia Adrin Rodrguez analizaron o ambiente en Aquis Originis e Baos de Riocaldo
Un estudo reivindica o patrimonio sonoro termal de Lobios
Salientan como o son da auga conforma unha parte importante destes espazos
Unha proposta de reivindicacin do sonoro como elemento patrimonial a través da caracterizacin da sonoridade da auga na contorna de Aquis Originis e Baos de Riocaldo, no concello ourensn de Lobios. Este foi o obxectivo dun traballo de recuperacin, documentacin e dixitalizacin desenvolvido por Elena de Ua, investigadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio e do Departamento de Historia, Arte e Xeografa da 鶹, e Celia Adrin Rodrguez, profesora do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
Segundo explican as súas autoras, o estudo, publicado no libro de do II Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida, organizado no marco do Campus da Auga, parte da idea de que “como marca acústica dos lugares, a sonoridade da auga contribúe configuracin da identidade cultural e, por tanto, forma parte do seu patrimonio”. A sonoridade dun lugar, detallan, “é un resultado da interaccin entre os sons xerados pola natureza e polo home (directa e/ou indirectamente)” e o estudo da sonoridade da auga “permite avanzar no coecemento do noso patrimonio cultural”. Nos casos analizados, sinalan Elena de Ua, profesora da Facultade de Historia ourens, e Celia Adrin Rodrguez, “os sons da auga conforman unha parte esencial dos ambientes termais” e o seu rexistro en antigos e novos lugares de uso termal, as como a súa caracterizacin e anlise, “proporciona informacin significativa sobre a potencialidade dos mesmos para a recreacin, o lecer e a educacin patrimonial”.
Dúas mostras
No estudo levado a cabo, as investigadoras centrronse no caso de dous espazos situados beira do ro Caldo, en Lobios, no Parque Natural Baixa Limia- Serra Xurés. O obxectivo foi recoller a sonoridade deses ambientes e analizar a frecuencia, intensidade, volume e timbre do audio gravado. O primeiro destes encalves é un espazo termal de época romana, a mansio Aquis Originis, da que s se conservan restos arqueolxicos, e outro é un espazo termal de uso actual como son os Baos de Riocaldo.
Sobre o primeiro dos espazos analizados, Aquis Originis, o traballo apunta como a frecuencia media da mostra sonora é de 216 Hz. Na actualidade, detallan as autoras, o son da auga é silencioso, ao estar situado o ro a 118 metros da construcin romana, cobrando protagonismo a xeosonoridade da paisaxe no seu conxunto. “Anda que parece imperceptible, ao amplificar a forma de onda pode escoitarse e observarse mellor como a sonoridade é vital e variable, non esttica”, apuntan. Trtase, detallan as investigadoras, dun son de intensidade baixa en segundo plano e unha sonoridade constante que marca o ambiente acústico da contorna. Os resultados da segunda mostra, recollida en Baos de Riocaldo, apuntan a “unha sonoridade da auga esttica e débil, anda que con microvariacins e de carcter xeral, deixando que a xeosonoridade do ambiente pase a un primeiro plano e a auga quede integrada como un elemento sonoro mis do conxunto”. A frecuencia media localizada neste caso é de 98 Hz.
En ambos casos, o audio gravado recolle frecuencias graves, prximas ao punto cero de silencio, con formas de onda moi similares e nos que o son da auga est perfectamente integrado no resto de sonoridades do ambiente, segundo recolle o estudo. O primeiro encalve, apunta, presenta unhas frecuencias maiores e unha sonoridade mis vital que no caso dos Baos de Riocaldo. “Isto débese, principalmente, a que a zona de baos é un auga esttica, unha piscina termal, mentres que no caso de Aquis Originis a auga est en movemento, posto que estamos no curso do ro Caldo”.
A importancia de estudar e valorizar
“O obxecto de recoller a mostra nos baos termais actuais asociados ao mesmo ro é poder establecer unha sonoridade similar que podera haber no pasado nos baos termais da mansio romana. É indubidable que a sonoridade e a propia xeofona do lugar sera ben distinta actual, pero iso non fai mis que reforzar a nosa hiptese de traballo, que a sonoridade da auga é clave no entendemento e apreciacin da paisaxe que nos rodea e que é un patrimonio inmaterial que debe ser preservado e coidado, ou se converter en algo caduco, que rematar desaparecendo”, apuntan por último as autoras do traballo. Por este motivo recalcan o valor do son como un patrimonio inmaterial “que dalgunha maneira temos que rexistrar, valorar, visibilizar e estudar”, levando a cabo iniciativas coma a súa.
