DUVI

Diario da 鶹

Liderado por Vigo en colaboracin coas universidades de Granada e Politécnica delle Marche

Un estudo internacional demostra que o mel de érbedo inhibe a proliferacin celular en lias de cancro de colon

Os resultados acaban de ser publicados no 'Journal of Functional Foods'

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Vigo
  • پܱ
  • ʳܲԲ
  • ú
  • Աپ
DUVI 16/05/2019

O mel que se extrae das flores do érbedo (Arbutus unedo) é apreciada no sector apcola polas súas caractersticas organolépticas, especialmente polo seu forte sabor amargo e cor escura. Agora, cientficos das universidades de Vigo, Granada e a Politécnica delle Marche (Italia) acaban de analizar por primeira vez o potencial deste produto mediterrneo fronte ao cancro mis frecuente en Espaa: o de colon. Os resultados deste estudo reclleos o e amosan que o mel de érbedo é quen de inhibir a proliferacin de células tumorais cultivadas en placas de laboratorio. En concreto, as dunha lia de adenocarcinoma de colon humano (HCT-116) e outra con caractersticas metastsicas (LoVo) moi empregadas para investigar este tipo de tumor.

O estudo,difundidoeste venres por Agencia SINC, est coordinado por Maurizio Battino, investigador que lidera o Grupo de Ciencias da Nutricin e dos Alimentos da 鶹, e conta coa participacin do Grupo de Nutricin e Bromatoloxa, que lidera Jesús Simal, xunto co Departamento de Fisioloxa do Instituto de Nutricin e Tecnoloxa dos Alimentos ‘José Mataix’ da Universidade de Granada e o Dipartimento di Scienze Cliniche Specialistiche ed Odontostomatologiche da Università Politecnica delle Marche.

“O tratamento co mel detén o ciclo das células tumorais regulando algúns xenes (ciclina D1, CDK2, p27Kip…), inhibe a migracin celular, reduce a capacidade de formacin de colonias e induce a apoptose ou morte celular programada a través da modulacin de outros xenes clave (p53, caspasa-3, c-PARP) e diversos factores apoptticos”, apunta Battino. “Tamén suprime o receptor do factor de crecemento epidérmico chamado EGFR/HER2 e as súas vas de sinalizacin, que poderan constitur unha atractiva diana nas terapias contra o cancro pola súa importante funcin nos procesos de supervivencia e proliferacin celular, as como nos de apoptose e metstase”.

A citotoxicidade e os efectos antitumorais do mel de érbedo fronte s lias de cancro de colon incrementronse coa cantidade e o tempo que se aplicou o tratamento. Este conduciu a outros resultados relevantes, como unha reducin dos factores de transcricin, a actividade de certas encimas, a respiracin mitocondrial e a gliclise das células tumorais.

Potencial anticancerxeno dun produto natural

Os investigadores deste equipo internacional explican que “ningún de todos estes efectos se observou cando se aplicou o mel a lias celulares sas” e apuntan o potencial anticancerxeno deste produto natural, pero insisten na necesidade de realizar novos estudos en modelos in vivo de cancro de colon para confirmar os seus efectos quimiopreventivos.

"Con estes datos anda non se pode falar de curacin ou prevencin segura do cancro colorrectal grazas ao mel de érbedo", sublia Battino. Non obstante, o cientfico da 鶹 apunta que “este traballo constitúe un punto de partida no empeo de avaliar os seus posibles efectos biolxicos e anticancerxenos e sinala os principais mecanismos moleculares a través dos cales exerce o seu efecto, reforzando o interese no estudo e producin deste alimento mediterrneo”. En conclusin, engade, “é unha peza mis que evidencia como unha alimentacin sa, equilibrada e natural pode achegar compostos bioactivos con posibles efectos interesantes no control e desenvolvemento de enfermidades tan crticas como este tipo de cancro".