No marco dun proxecto de innovacin, visitaron este xoves a Deputacin de Pontevedra
Estudantes de Direccin e Xestin Pública afondan nas habilidades do persoal directivo das administracins locais
O alumnado do grao coeceu tamén o Parlamento de Galicia
Afondar nas habilidades e competencias que debe posur o persoal directivo das administracins públicas locais é o eixe dun proxecto de innovacin educativa da Facultade de Direccin e Xestin Pública, que este xoves levou un grupo de estudantes sede da Deputacin de Pontevedra. Como explica o seu coordinador, o profesor Fernando Martnez, trtase dunha iniciativa na que estn implicadas as materias Direccin pública nos gobernos locais e Habilidades nas administracins públicas e que busca que o estudantado coeza “as competencias e habilidades da parte directiva dunha entidade local” a través do contacto directo con persoal de diferentes administracins. Nese obxectivo insrense actividades como a visita deste xoves ao Pazo Provincial, onde foron recibidos pola deputada provincial Mara Ramallo, para logo manter un encontro con responsables do Servizo de Asistencia Intermunicipal (Saim) e do Organismo Autnomo de Recadacin e Xestin Tributaria (Oral).
O encontro no que participaron Martnez e o profesor Ignacio Fernndez verase continuado ao longo do cuadrimestre por outras actividades con ese mesmo obxectivo, como coloquios con persoal funcionario con habilitacin nacional ou visitas a concellos. Ao mesmo tempo, esta iniciativa insrese tamén na programacin de actividades da facultade para o segundo cuadrimestre, ao igual que a visita que este mércores realizaban 23 estudantes ao Parlamento de Galicia. No marco da súa formacin na materia Gobernos autonmicos, esta actividade permitiulles asistir a unha sesin de control ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e manter un encontro co letrado maior do Parlamento, Xosé Antn Sarmiento, as como cunha egresada que traballa como bolseira na cmara. Estiveron acompaados polo decano, Enrique Varela, o profesor responsable da materia, Bruno Gonzlez, e o coordinador do grao, Fernando Martinez.
Tamén no marco desta programacin de actividades, outro grupo de estudantes do Grao en Direccin e Xestin Pública puido coecer este xoves as funcins da Axencia Europea de Control de Pesca, en Vigo, na visita que realizaron xunto co profesor Celso Cancela.
