DUVI

Diario da 鶹

A Galera Musart acolle a mostra colectiva ‘A prueba de...’, con obras de cinco alumnos

Estudantes de Belas Artes reflexionan sobre a identidade nunha exposicin

Reúne pezas de gravado, fotografas, debuxos e videoinstalacins

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 10/05/2019

Na idea da identidade atoparon un nexo de unin entre as súas obras os cinco estudantes da Facultade de Belas Artes que nestas semanas protagonizan a mostra colectiva A prueba de... na Galera Musart. “Vimos que todos traballabamos o mesmo tema desde un punto de vista moi distinto, a exposicin reúne distintas formas de interpretar e analizar o concepto de identidade como algo único e ao mesmo tempo como algo social, como formacin, transformacin, manipulacin e, ao final, como unha perda de identidade”, relata Javier Stoica, un dos estudantes participantes nesta exposicin xunto a Sabela Alonso, Alejandra Lago e o Colectivo Sak, que integran Sara Willisch e Rubén Snchez. 

Gravado, videoinstalacin, fotografa e debuxo conviven nunha exposicin que deron o ttulo de A prueba de... “porque todos estamos expostos proba da identidade, de buscarte a ti mesmo interiormente”, sinala Stoica, dunha exposicin na que este grupo de estudantes, tanto de grao como de doutoramento, trataron de conxuntar as diferentes “series de obras persoais que dialogasen entre si” co propsito “de que cobrasen mis forza a través da unin”.  

Da identidade no outro  fraxilidade da existencia

Na combinacin de obras de diferentes disciplinas que este grupo de estudantes propn nesta exposicin, Sabela Alonso presenta unha serie de 20 debuxos de técnica mixta e unha segunda serie de cinco gravados que tiveron como punto de partida “un achegamento a temas como a depresin ou a ansiedade” para logo evolucionar cara “un punto mis intimista e contemplativo ao longo do proceso, converténdose nun espello no que agardo que outros se poidan ver reflectidos”, sinala. Stoica, pola súa banda, xoga nesta exposicin co concepto dunha “identidade atopada mirando a outros” a través da serie de 13 fotografas analxicas Autorretrato do X.

Alejandra Lago, pola súa banda, toma como punto de partida o proceso de investigacin que desenvolve sobre o téxtil para dar forma a unha serie de gravados, Parlamento de lias, que “transmite a fraxilidade da existencia humana, emocins, sensacins, tempo e espazo” que representa nesta serie a través a través do “fo da vida” e o “parlamento de lias que xera”. Esta artista presenta as mesmo nesta mostra unha serie de tres serigrafas que “buscan transmitir a lixeireza, o movemento e temporalidade producida por un sopro de aire”, do que xorde a imaxe dunha crislida, que presenta como “lugar de metamorfose e xeracin de identidade”. Willisch e Snchez, por último, presentan como colectivo unha serie de instalacins xurdidas da compilacin de obxectos e imaxes xerados en performances, coas que fan referencia a cuestins como “os tratamentos psiquitricos aplicados a mulleres nos anos 30”, a ablacin ou ao incendio que en 2018 afectou ao Museo Nacional de Brasil, en Ro de Janeiro, e que abordan nesta mostra como unha “perda de identidade”.