DUVI

Diario da 鶹

Coa exposicin ‘Metabiosis’, comisariada polo colectivo Luscofusco

Estudantes de Belas Artes propoen no Culturgal unha reflexin sobre o consumo e a identidade

Esta feira acolle tamén a presentacin do Directorio de Artistas Globais na Galiza

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 28/11/2025

Valéndose de materiais reciclados, catro estudantes de Belas Artes propoen unha reflexin sobre o consumo e a identidade nunha exposicin inserida na programacin do Culturgal, que se desenvolve ata este domingo no Pazo da Cultura. Baixo o ttulo de Metabiosis, trtase dun proxecto expositivo do colectivo Luscofusco, que pode visitarse no espazo de arte contempornea desta feira das industrias culturais, na que se insiren mis de 200 espectculos e actividades. Entre elas atpase tamén a presentacin, na tarde deste venres, do Directorio de Artistas Globais na Galiza, resultado dun proxecto de investigacin desenvolvido por investigadoras das tres universidades públicas galegas.

Unha “selva” de obxectos que perderon o seu uso

Os estudantes Dana Latorraca e Pablo Martnez, integrantes de Luscofusco, son os comisarios da exposicin que representa a Belas Artes nesta décimo oitava edicin do Culturgal. Reunindo as creacins de Diosbett Montero, Sheila Parcero, Ramiro Agulla e Cristina Rus, buscaron recrear no espazo expositivo da feira “un ecosistema ou ‘selva’ a partir de materiais de refugallo”, co que propor “unha reflexin sobre os ciclos de consumo e a identidade no mundo contemporneo”. A lia temtica desta mostra, sinalan, parte das “relacins posibles entre o orgnico e o sintético”, a través do emprego nas diferentes obras dun conxunto de obxectos e materiais “que perderon a súa funcin orixinal ou a súa vida útil”. Estes, lembran os comisarios, “non desaparecen o planeta” e con eles é posible “construr espazos dignos e vlidos, sen a necesidade de repetir ciclos de producin e consumo”. Nese senso, recoecen a inspiracin que supuxo para este proxecto “a figura do cangrexo ermitn” e como este emprega restos doutros animais, nunha forma de relacin biolxica, a metabiose, que d nome exposicin.

“Cada obra ten unha forma distinta de achegarse a esta realidade”, salientan Latorraca e Martnez. Por exemplo, Cristina Rus presenta No pasa nada, unha obra composta de “múltiples obxectos atopados”, que dispn no chan ao longo do espazo, articulando unha reflexin sobre “os resultados das decisins que tomamos a diario”, xa que se trata de residuos que as persoas foron deixando no chan, pensando en que “non pasa nada”. Diferentes materiais extrados de “arquitecturas abandonadas” serviron a Ramiro Agulla para dar forma a Umbral, unha proposta na que unha serie de elementos “que deixaron de cumprir a súa funcin” atopan unha nova nun “plano pictrico”, como destacan os comisarios.

Sheila Parcero emprega unha serie de tiras de cartn e ferro para construr “unha sorte de rbores que invaden o espazo expositivo” no seu proxecto Invasoras, co que busca abordar “a problemtica que xeran en Galicia os eucaliptos”, sinalan desde Luscofusco. Finalmente, Diosbett Montero emprega “estruturas megalticas de pedra sintética” en Cairn de lo inestable, unha obra que “abrangue temticas como a identidade, a territorialidade, a resistencia cultural e os dereitos humanos”.

Ata este domingo poder verse no Pazo da Cultura unha mostra que supuxo unha “oportunidade grandsima” para este grupo de estudantes, que se encargan de coordinar no presente curso a sala O Abrigo. “Outorgounos coecementos e ferramentas moi valiosas para futuras exposicins”, recoecen dunha mostra que desenvolveron tamén como proxecto para a materia Xestin, mbito artstico e mundo profesional.

Presentacin do Directorio de Artistas Globais na Galiza

Esta feira das industrias culturais constitúe tamén un “contexto propicio para dar presenza e escoita a voces habitualmente invisibilizadas”, destacan as promotoras do , que se presenta na tarde deste venres no espazo Culturgal. Trtase dun dos principais resultados do proxecto de investigacin Mulleres fronte dende o Sur Global, dirixido pola profesora da Universidade de Santiago de Compostela Luzia Oca e desenvolvido por sete investigadoras das tres universidades galegas, especialistas en migracins e xénero, entre as que se atopa a profesora de socioloxa da 鶹 Iria Vzquez Silva. Financiado por Cooperacin Galega, este proxecto propua un “proceso de investigacin accin-participativa, orientado a crear un dilogo de saberes e experiencias entre mulleres para recoecer, visualizar e fortalecer a creacin artstica das mulleres migrantes en Galicia”.

Un dos seus resultados é este directorio, desenvolvido coa colaboracin da entidade do terceiro sector Ecos do Sur. Nel reúnense os proxectos de 32 creadoras, nos mbitos das artes escénicas e musicais, na danza e no teatro, as como propostas multidisciplinares. A súa presentacin no Culturgal complétase cunha mesa redonda na que varias das artistas presentes no directorio comparten as súas experiencias como creadoras migrantes. Nomeadamente, interveen neste faladoiro a actriz, directora e dramaturga Mariana Rodrigo; a artista, coregrafa e bailarina Mercé de Rande; a artista mutidisciplinar Kirenia Martnez, directora do festival Escenas do Cambio, e a música Sheila Patricia.