DUVI

Diario da 鶹

66 representantes do alumnado participan en Pontevedra na XVIII asemblea da Anecafyde

Estudantes de 30 universidades debaten no campus sobre o futuro de CC da Actividade Fsica e do Deporte

As sesins de traballo compleméntanse con actividades formativas

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Asociacins de Estudantes
  • Deportes
  • Estudantes
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 28/03/2019

66 representantes do alumnado que cursa o grao en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte en 30 universidades espaolas participan en Pontevedra na XVIII asemblea xeral ordinaria da , un encontro dirixido a debater sobre o presente e futuro desta titulacin e dos seus alumnos e alumnas. Da man da Delegacin de Estudantes da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, a asemblea desenvlvese entre este xoves e este domingo no campus pontevedrés e faino ademais cunha das súas participacins mis elevadas desde a constitucin da Anecafyde en 2010, xa que neste encontro estn presentes 30 das 39 universidades que forman parte deste colectivo de representacin estudantil. 

Precedida este mércores dunha xornada formativa, esta 18 asemblea celebrou na sede da Vicerreitora o seu acto inaugural, coa participacin do vicerreitor do campus, Jorge Soto; a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro; o director da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade, Alfonso Mandado; o presidente da Anecafyde, Ángel Torés, e o vogal do colexio oficial Colef-Galicia Javier Prieto. A capacidade do propio alumnado, “unha parte fundamental, bsica, da Universidade”, de promover este encontro e reunir nel a representantes de 30 universidades, “capaces de asumir os seus propios retos de futuro e sentarse a dialogar sobre o que vai ser a súa carreira profesional” foi un dos aspectos destacados por Soto dunhas xornadas “que deben ser moi interesantes para o voso futuro profesional”, engadiu Riveiro. Nese mesmo senso, Mandado lembrou aos e s asistentes que “sodes o futuro da ensinanza e a prctica do deporte”, mentres que Javier Prieto, vogal de futuros profesionais do Colef-Galicia e ex-alumno da facultade puxo o acento na importancia da cooperacin “entre o colectivo que representa aos estudantes e o colectivo que representa os profesionais”, vez que lembrou aos e s asistentes “que representades aos milleiros de estudantes da nosa carreira que hai en Espaa”. 

Definicin dun novo plan estratéxico

Estudante da Universidad Politécnica de Madrid, Ángel Torés, que o pasado mes de novembro relevaba estudante do campus Lara Pieiro fronte desta asociacin, puxo o acento en que esta é unha “asemblea un pouco especial”, xa que o seu obxectivo central é definir o que ser o novo plan estratéxico da asociacin. “Queremos que a asemblea decida cales son as lias estratéxicas do que ns como estudantes podemos achegar s Ciencias do Deporte”, salientou Torés, que apuntou como principal reto da Anecafyde tratar de contribur “a mellorar a titulacin para que sexa útil sociedade”.

Nese senso, as xuntanzas de grupos de traballo para abordar este novo plan estratéxico sucederanse nas xornadas de venres e sbado nunha asemblea que, tralo acto inaugural, trasladou a súa actividade a Ciencias da Educacin e do Deporte, onde ademais da asemblea xeral ordinaria, desenvolvéronse este xoves unha serie de talleres sobre “captacin de estudantes nas propias delegacins ou sobre dinmicas de grupo para xerar unha maior cohesin e un mellor traballo en equipo”, coa participacin dos investigadores da Universidad de Alcal Luis Cereijo, fundador da Anecafyde, e Pedro de Apellniz, explica o membro da delegacin de estudantes da facultade e director de comunicacin da Anecafyde, Matas Zelayarn.

Xornadas formativas

No marco desta asemblea, Ciencias da Educacin e do Deporte acolleu tamén, na tarde deste xoves, unha mesa de debate “sobre o pasado, presente e futuro da titulacin”, aberta a todas as persoas interesadas, na que participaron Luis Cereijo e o profesor da Universidade da Corua Rafael Martn Acero. Tamén aberto a todo o alumnado interesado, este venres s 9.30 horas ter lugar un coloquio que abordar a investigacin sobre deporte desde a perspectiva de xénero, coa participacin das profesoras Mara Martn, da Politécnica de Madrid, e Pedrona Serra, do Instituto Nacional de Educacin Fsica de Catalua.

Por outra banda, a asemblea viuse precedida este mércores por unha xornada formativa, promovida pola delegacin de estudantes coa colaboracin da facultade e do Consello Social da Universidade. Integrada por sete conferencias, a xornada tivo neste caso como eixo “o papel dos graduados no mbito da saúde, xa que hai moito debate de se a nosa profesin pode chegar a abordar temas de saúde ou non”, explica Zelayarn, un dos representantes da facultade na xunta directiva da Anecafyde, xunto co tesoureiro Marcos Garca. Con este obxectivo, a xornada contou coa participacin do especialista en exercicio fsico para poboacins con necesidades especiais David Gil, da experta en actividade fsica, embarazo e posparto Aida Soraluce, do preparador fsico e readaptador do RC Celta Pedro Docampo ou do cardilogo do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo Rafael Vidal. “Quixemos traer a conferenciantes que se dedican a traballar con xente no mbito da saúde e que demostran como axuda o deporte nestas situacins”, salienta Zelayarn.