Nun congreso internacional centrado no papel de viaxeiros, pioneiros e coleccionistas europeos
Especialistas de Espaa e Portugal afondan no campus no coecemento do antigo Oriente Prximo e do Exipto faranico
A actividade desenvlvese este xoves e venres na Facultade de Historia
A Facultade de Historia do campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebracin do II Congreso Internacional Antigüidades de Oriente Prximo e Exipto. Viaxeiros, pioneiros e coleccionistas europeos. A actividade est organizada polo Centro de Estudios del Prximo Oriente, a Sociedade Luso-Galega de Estudos Mesopotmicos e o Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da 鶹 e nela participa arredor dunha trintena de especialistas da pennsula ibérica, tanto do mbito universitario como musestico.
O congreso foi inaugurado por Francisco Javier Rodrguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense; Julio Prada, decano da Facultade de Historia, estando por parte da organizacin Susana Reboreda, investigadora do GEAAT e profesora da 鶹, e Juan Luis Montero, profesor da Universidade da Corua. Nas súas palabras destacaron a boa acollida desta iniciativa e a importancia, tal e como subliou Julio Prada, de "tender pontes culturais entre Oriente e Occidente". Juan Luis Montero salientou en nome da organizacin que este encontro “abre perspectivas ao coecemento dun mundo afastado pero moi prximo vez”, facendo fincapé en como “é fundamental recuperar aos pioneiros, aos mestres, a eses viaxeiros que nos abriron camio” no coecemento da antigüidade en Oriente Prximo e Exipto. Apuntando que se trata dun campo de estudo minoritario en Espaa, recalcou igualmente a necesidade de dar a coecer o traballo de investigacin que se fai nel xa que “estamos a falar das orixes da civilizacin, algo que é moi necesario coecer nun mundo cada vez mis complexo” como o actual. Tendo en conta que a temtica do congreso refrese ao Prximo Oriente, tras a súa apertura gardouse un minuto de silencio “en recordo de todas as vtimas do conflito que actualmente arrasa lamentablemente Palestina e Israel”.
Viaxeiros, coleccionistas e pioneiros
Ao longo dos dous das de actividade, no congreso presentaranse estudos e traballos de investigacin referidos a viaxeiros, coleccionistas e pioneiros que, entre os séculos XVI e XX, contriburon ao desenvolvemento do coecemento do Prximo Oriente antigo e do Exipto faranico. A conferencia inaugural correu a cargo de José Eduardo Lpez Pereira, catedrtico de Filoloxa Latina da Universidade da Corua, e levou por ttulo Da viaxe como relato literario viaxe como peregrinacin. Nela fixo un repaso polas “descricins literarias, reais e ficticias, desde a antiga Grecia para rematar con dous dos relatos de viaxes de peregrinacin mis representativos da cultura de Occidente: Egeria e a Gua do Peregrino do Cdice Calixtino".
No congreso falarase, entre outros moitos temas, de Adolfo Rivadeneyra, vicecnsul en Tehern en 1874; do carmelita Pedro de la Madre de Dios e a arqueloga Beatriz de Cardi, no Golfo Pérsico; de Jane Dieulafoy e as súas viaxes Oriente-Occidente; de Claude F.-A. Schaeffer e as primeiras escavacins en Ras Shamra (1929-1939); do arquelogo Jean-Claude Margueron e da paixn pola exiptoloxa de Amelia Blanford Edwards e Emily Paterson, de Richard Pococke e de David Roberts. Tamén haber intervencins sobre cuestins tan diversas como os selos mesopotmicos e a coleccin de plantas bblicas do Museu de Montserrat e a coleccin exipcio-nubia do Museo Arqueolxico da Corua. Igualmente, haber achegas de especialistas lusos, nas que se poder afondar, por exemplo, no coecemento do coleccionista Elias Ashmole e nas antigüidades de Oriente Prximo e de Exipto no Boletim da Real Associação dos Arquitectos Civis e Arquelogos Portugueses.
