DUVI

Diario da 鶹

Aproveitando que acaba de publicarse a traducin de 'Vento ferido' ao esperanto

Especialistas afondan na figura de Carlos Casares como tradutor

Participaron no faladoiro Jesús Moinhos, Håkan Casares, Gustavo A. Garrido e Iolanda Galanes

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • ʳܲԲ
  • Cultura
D. Besado DUVI 17/10/2019

Co ttulo Vundita vento o fillogo vigués Jesús Moinhos acaba de publicar na editorial Espero -de Eslovaquia- a traducin a esperanto de Vento ferido (1967); a primeira obra de Carlos Casares (1941-2002). Esta traducin conta cun emotivo limiar de Håkan Casares Berg, fillo do autor, e cun estudo introdutorio de Iolanda Galanes, profesora do Departamento de Traducin e Lingüstica da 鶹. Os tres participaron este xoves nunha mesa redonda na Facultade de Filoloxa e Traducin, un faladoiro ao que tamén se sumou Gustavo A. Garrido, secretario da Fundacin Carlos Casares, e no que se afondou, cada un desde a súa propia perspectiva, no labor como tradutor dun dos autores mis polifacéticos da narrativa galega.

“Non creo que tivese unha vocacin clara de tradutor, senn mis ben un sentimento de compromiso como militante cultural e lingüstico”, salientou no faladoiro Håkan Casares, quen achegou varias pinceladas biogrficas que axudaron a entender a chegada e a implicacin do autor co mundo da traducin. “Eu non sei se el tia esa vocacin de tradutor, pero o que est claro é que pensaba que iso era fundamental, sobre todo nun momento, anos 60 e 70, no que a cultura galega estaba anda entrando nunha certa modernidade e careca dun corpus literario de traducins mnimo”, explicou no faladoiro, ao que engadiu que nese momento é cando o autor toma consciencia de que algunhas cousas “se non as fai el, simplemente non se fan”. Esta situacin foi a que motivou que comezase a traducir algunhas obras, sobre todo libros sinxelos moi pensados para o público infantil e xuvenil, como O principio de Antoine de St-Exupéry, ou Os escaravellos de Mara Gripe.

Casares Berg: “O seu compromiso coa traducinquedou claro”

“Nos traballos de traducin que eu puiden vivir ao seu lado vino moi entusiasmo e moi divertido, implicndonos incluso a min e a meu irmn axudndolle a traducir algún deses traballos, sobre todo do inglés”, recalcou Casares Berg, quen lembrou tamén a época de seu pai como editor na editorial Galaxia, anos nos que puxo moito empeo na promocin da traducin. “Para el era fundamental que en galego houbera un corpus das grandes obras da literatura universal traducidas ao galego”, salientou o seu fillo, ao que engadiu tamén que a isto se sumou logo certa labor de traducin do galego a outras linguas, sobre todo ao casteln. “O seu compromiso coa traducinquedou claro e estou seguro que, coma a calquera outro escritor, anda que fose unha persoa modesta, encherao de orgullo ver a súa obra traducida a outras linguas, includo o esperanto, pois ao final o que quere un escritor é que o lean”, apuntou Casares Berg.

Trasladando a unha lingua universal a realidade silenciada da posguerra galega

Vento ferido (1967) é a primeira obra narrativa publicada en formato libro de Carlos Casares. O seu impacto no sistema literario galego da época foi importante, como tamén o foi o seu percurso internacional posterior, principalmente nas traducins a diversas linguas dalgúns dos seus relatos. “O propio autor, convertido en autotradutor ao espaol, volveu sobre ela en varias ocasins, e foina modelando e engadindo novos relatos antes do seu pasamento”, explicou Iolanda Galanes, quen resaltou a importancia desta nova traducin ao esperanto da pluma do tradutor Jesus Moinhos, quen aproveitou a súa presenza na FFT para facer unha introducin a esta lingua. “Transvasar unha obra ambientada na posguerra en Galicia a unha lingua universal medio século despois supn un reto tradutolxico que merece atencin en mbito académico”, recalcou Galanes. Para conseguilo o autor salientou como contou en todo momento coa colaboracin da Fundacin Casares quen, ademais de ceder os dereitos para esta edicin, facilitoulle o acceso a esclarecedores manuscritos do autor, as como a traducins publicadas noutras linguas.

“Esta obraé unha coleccin de 12 relatos nos que imperan temas como a decepcin na confrontacin coa realidade, a soidade, a represin ou a violencia”, lembrou Galanes, ao tempo que fixo fincapé en que estes relatos son “a denuncia dunha realidade silenciada, un retrato sentimental da Galiza do século XX trazado con mestra e sinxeleza”. Agora, coa publicacin de Vundita vento, “Jesús Moinhos contribúe a difundir internacionalmente unha obra, pero tamén un pas, unha lingua, unha cultura, un autor e unha época”.