Caeu por 2-4 fronte ao Xadrez Rianxo, na derradeira xornada da Liga Galega
A Escola Xadrez Pontevedra-鶹 sofre a súa primeira derrota e remata no terceiro posto da Divisin de Honra
O Xadrez Fontecarmoa alzouse co ttulo autonmico
O primeiro equipo da Escola Xadrez Pontevedra–鶹 chegaba última xornada de liga na Divisin de Honra do xadrez galego a un punto do lder e con opcins de loitar polo ttulo autonmico. Para iso deba sumar o maior número de puntos posible no seu enfrontamento co Xadrez Rianxo na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte e agardar polo que fixeran os seus rivais. Mais, nesta xornada decisiva, o equipo universitario sufriu a súa primeira e única derrota nesta tempada, que deixouno fra da loita polo campionato. O Xadrez Estratexia pola Paz viuse superado por 2-4 por un rival que se xogaba en Pontevedra a permanencia na mxima categora. Tras este resultado, a EXP-鶹 remata terceira na liga, con 40,5 puntos, e o ttulo de campin galego foi finalmente para o Xadrez Fontecarmoa de Vilagarca de Arousa, grazas a ter un mellor coeficiente de desempate que o Benchosey de Pereiro de Aguiar, co que rematou empatado a puntos no mis alto da tboa.
Como destacan desde o club pontevedrés, o deste sbado foi “probablemente o peor encontro dos universitarios nos últimos anos”, no que cinco dos seus seis xogadores pararon as súas partidas por unha “clara posicin de desvantaxe”. O mellor dos locais foi nesta xornada Rubén Fernndez, que non obstante non puido pasar do empate, como tampouco o lograron Pablo Garca, Daniel Rivera e Juan Manuel Martnez, mentres que Alberto Portela e Vctor Miguel caeron derrotados nos seus taboleiros.
Deste xeito, o Xadrez Estratexia pola Paz remata a liga en terceira posicin, cun balance de sete vitorias, tres empates e unha única derrota. A vindeira fin de semana, tocar retornar a competicin para participar na Copa Galicia 2023.
Fra da Divisin de Honor, o EXP-Ramn Escudeiro Tilve pechou a liga cun empate, finalizando quinto na Primeira Divisin; mentres que en segunda, o EXP-Non violencia de xénero caeu ante o segundo filial da USC, anda que este resultado permitiulles manter a categora, pechando a liga en novena posicin.
