DUVI

Diario da 鶹

Chega s libraras ‘Crtica del hipercapitalismo digital’, último libro do profesor Albino Prada

Esbozando as implicacins “a miúdo ignoradas” da automatizacin masiva do traballo

O autor defende un modelo de crecemento inclusivo, onde o prioritario é o emprego “de calidade"

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • ʳܲԲ
  • Աپ
D. Besado DUVI 03/04/2019

Un ensaio no que se analizan os cambios que as grandes empresas da economa global, desde Google, a Facebook pasando por Microsoft, Apple ou IBM, estn a producir no emprego, a fiscalidade, a sociedade ou a poltica. Estes das chegou s libraras , o último libro do profesor e investigador da Albino Prada, unha obra na que afonda nas “a miúdo ignoradas” múltiples implicacins da automatizacin masiva do traballo.

Que é exactamente o hipercapitalismo dixital? Con esta expresin o autor refrese a cando a dixitalizacin, a informatizacin e a automatizacin permiten que moi poucas empresas e grupos de investimento controlen e modifiquen a escala global as formas de producin e de distribucin de riqueza do vello capitalismo industrial e financeiro. “Alphabet-Google ou Amazon son dous bos exemplos de control global da publicidade ou dos canais de distribucin, da xeracin de novos procesos e produtos para un mercado global as 24 horas do da”, explica o autor do libro, quen fai fincapé en que este “poder de mercado” imponse aos axentes tradicionais, xa sexan empresas ou gobernos, disolvendo as formas salariais e as relacins laborais, “posibilitando o que eu denomino unha absoluta abducin neoliberal e que Bill Gates, sen asomo de pudor, denomina capitalismo sen friccins”.

Abducidos polo mercado e pola dixitalizacin invasiva

Mis concretamente, Prada fala dunha dobre abducin: a dunha lxica do mercado, “a que nada humano sera xa alleo”, e a asociada dixitalizacin invasiva de todas as actividades realizadas polo ser humano. Partindo deste núcleo argumental divide o libro en dúas partes, compostas de cinco captulos cada unha. A primeira parte dedcase a discutir as cuestins e ideas mis xerais: utopa dixital, os tecnopolitas, a intelixencia artificial, a automatizacin, o principio de precaucin, os infomonopolios, a sociedade de mercado, o turboconsumismo, a economa 4.0, a secesin dos novos ricos ou a pos-democracia.

Xa na segunda, achégase a esas mesmas cuestins, pero centrndose no mbito espaol e europeo, detallando primeiro, sectores e intensidade da dixitalizacin, os seus efectos sobre o emprego, sobre a natureza das actividades ou sobre a desigualdade e o Estado social. Un dos debates sobre a dixitalizacin e a robotizacin ten que ver co emprego e, neste sentido, o autor do ensaio destaca que os tecnfilos ou optimistas, por exemplo o Banco Mundial, sinalan que haber ao cabo xeracin neta de emprego, que se crear mis do que destruir, mentres que, pola contra, o MIT traballa con escenarios de taxas de paro superiores ao 50% a escala mundial, un escenario moi pouco optimista. “No meu libro presento o balance para Espaa e entre 2008-2018: a cousa é que se destruron catro empregos en actividades dixitalizadas (na industria, o comercio ou nas finanzas) por cada un dos que agromaron en actividades vencelladas dixitalizacin. Un balanzo preocupante”, destaca Prada.

“Froiz ou Mercadona xeran o triplo de emprego por milln facturado que Amazon”

En base a esta afirmacin, noutro captulo do libro Prada defende a perspectiva xaponesa nesta cuestin. “Non é Xapn un pas tecnfobo (abonde dicir que sera iluso por parte de Espaa pretender igualar o seu nivel tecnolxico) pero teen unha cousa clara: que ao carn de sectores exportadores moi automatizados no que se deu en chamar industria 4.0 ten que haber moitas actividades (nos servizos persoais, públicos, no comercio, ensino, sanidade, etc.) onde o prioritario é o emprego de calidade e a calidade da atencin persoal usuario”, recalca o economista, que insiste na idea de que o que se debe buscar é “un modelo de crecemento deste século” que, ao seu parecer, ten que ser inclusivo. Para logralo, Prada recalca que a xeracin de emprego en actividades orientadas cara o mercado interno debe ser un vector estratéxico. “Froiz ou Mercadona xeran o triplo de emprego por milln facturado que Amazon. Temos que botar ben todas as contas: como consumidores, como demandantes de emprego ou como cidadns si queremos un Estado do Benestar, se non imos a vivir en parasos fiscais”, recalca o autor.

“Non se pode aceptar que os sistemas fiscais e de proteccin social se debiliten mis”

O ensaio de Prada péchase cun captulo no que o autor resume as reformas necesarias para conseguir unha economa 5.0 que embride a economa 4.0: reaxustar o local e o global, encetar unha fiscalidade internacional (“de entrada na Unin Europea”), reforzar a fiscalidade nacional, redistribuir ocupacins e rendas e, por último, equilibrar mercado, Estado e pro-común.

“En cada caso detllanse no libro moitas propostas concretas, pero si tivera que nomear unha reforma estratéxica de longo percorrido dira que unha sociedade que, afortunadamente, pode xerar a cada paso mis riqueza con menos traballo directo, non debera aceptar que iso se traduza en multimillonarios por unha banda e crecentes moreas de excludos, inmigrantes e precarizados por outra. Non pode aceptar que os sistemas fiscais e de proteccin social, baseados en gravar o consumo e os salarios, se debiliten mis a cada paso”, recalca o ensaista, quen fai fincapé en que un dos retos fundamentais deste século é “distribur entre todos o a cada paso menor tempo de traballo preciso, e facelo participando todos da crecente riqueza producida”.