DUVI

Diario da 鶹

No partido disputado o domingo nas instalacins universitarias do campus

O equipo de rugby perde ante o AVK Bera Bera

Os ourensns sitúanse sextos no seu grupo na Divisin de Honra estatal

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 14/12/2020

O Campus Universitario Ourense Rugby Club disputou esta fin de semana nas instalacins universitarias a quinta xornada da liga 2020/2021 da Divisin de Honra B do rugby estatal. Os ourensns perderon 29-39 o domingo fronte ao AVK Bera Bera RT e con este resultado sitúanse sextos no seu grupo, con dúas vitorias e tres derrotas no que vai de tempada. “Non puido ser”, explican desde o club salientando como ao final da primeira parte o marcador era de 8-16 e como “na segunda parte houbo unha reaccin por parte do Campus con tres ensaios pero non foi suficiente e, ademais, os golpes de castigo (seis golpes transformados) foron ben aproveitados por Bera Bera, deixando o resultado final en 29-39”. No encontro, o público asistente colaborou coa campaa Operacin Quilo de Nadal da asociacin Amencer levando produtos alimentarios.

Desde o equipo de rugby ourensn tamén veen de pr en marcha unha campaa de captacin de socios. Este ano, indican, necesitan o apoio da afeccin “mis que nunca para seguir medrando e poder consolidar o traballo realizado nas últimas tempadas”. Facerse socio ou socia, sinalan, é un proceso sinxelo que se pode facer a través da web do club e s “cun par de clics”. As persoas que o fagan, detallan, recibirn un carnet virtual, material do club e tern descontos en diversos establecementos da cidade.