Os xogadores gaaron o sbado a Pasek Belenos RC
O equipo de rugby do campus sitúase terceiro do seu grupo na divisin de honra B do rugby estatal
A categora masculina de baloncesto tamén sumou unha nova vitoria
Continuando a súa traxectoria ascendente, o Campus Universitario Ourense Rugby Club sumou esta fin de semana unha nova vitoria que o coloca no terceiro posto do seu grupo na divisin de honra B do rugby estatal. Tamén continúa sumando bos resultados deportivos a categora masculina de baloncesto e os equipos de natacin e fútbol gaélico que representan ao campus de Ourense nas súas respectivas competicins.
Vitorias en rugby e baloncesto
A xornada 15 de competicin no grupo A da divisin de honra B do rugby estatal saldouse o sbado para o Campus Universitario Ourense cunha vitoria por 29-10 contra Pasek Belenos RC no encontro disputado no campo corués de Acea da M. Foi, indican desde o club, unha “boa vitoria fronte a Pasek Belenos RC nunha chuviosa tarde de rugby” que lles permite dar un paso mis nos seus obxectivos desta tempada. Con nove vitorias, un empate e catro derrotas, os ourensns sitúanse no terceiro posto do seu grupo. Tamén en rugby pero na liga galega o Campus Universitario Ourense RC gaou esta fin de semana por 26-19 a Fendetestas RC.
Polo que respecta ao baloncesto, os equipos do campus continúan neste 2020 coa dinmica de resultados de anteriores xornadas de liga. A categora masculina mantense como lder invicto do seu grupo na primeira divisin masculina tras gaar o domingo 54-68 a Bosco Stores Persan. A categora feminina continúa no último posto do seu grupo na primeira divisin tras perder tamén o domingo 58-28 fronte a Celta 鶹.
Bos resultados en natacin e fútbol gaélico
Tamén esta fin de semana o Club Natacin Escualos Campus da Auga participou con éxito no Campionato Galego de Inverno de Natacin Mster celebrado en Lugo. O equipo obtivo 822 puntos, acadando o quinto posto na clasificacin final do campionato, e conseguindo mis de 50 medallas individuais. Tanto o equipo masculino coma o feminino conseguiron tamén cadanseu quinto posto. “Estamos moi satisfeitos coa actuacin do equipo, cada ano seguimos subindo chanzos na clasificacin”, indican desde o Club Natacin Escualos Campus da Auga.
Polo que respecta ao Auriense Campus da Auga FG, a categora feminina acadou un empate nun moi disputado partido no que o resultado foi Auriense Campus da Auga FG 4-8 (20) vs Herdeiras de Dhais FG 1-17 (20). A categora masculina non puido disputar o encontro contra Dorna FG dada a imposibilidade deste último de xuntar o número mnimo de xogadores polo que o partido foi dado por gaado para os ourensns, que rematan con esta vitoria a primeira volta da liga galega de fútbol gaélico.
