Son os mellores resultados acadados polo Club Escualos Campus da Auga ata agora
O equipo masculino de natacin gaa o Campionato Galego Mster de Vern
Na clasificacin conxunta proclamronse subcampins
O equipo masculino do Club Natacin Escualos Campus da Auga proclamouse este domingo campin do Campionato Galego Mster de Vern. As nadadoras quedaron no cuarto posto e na clasificacin conxunta o club rematou subcampin. Son, indican desde Escualos, “os mellores resultados da nosa historia”.
O Campionato Galego Mster de Vern finalizou este domingo na piscina Álvaro Pino de Ponteareas. “Conseguimos 61 medallas, das cales 30 foron de ouro, 15 de prata e 16 de bronce, cun total de 823 puntos que nos auparon consecucin do subcampionato, por detrs de CN Ponteareas”, sinalan desde Escualos. O equipo masculino ourensn proclamouse campin galego cun total de 554 puntos nunha “vibrante competencia ata a última proba co CN Ponteareas” e o feminino acadou, con 269 puntos, unha cuarta posicin “moi meritoria xa que o equipo acuda moi minguado polas baixas”.
Desde o Club Natacin Escualos Campus da Auga sublian que “é o primeiro ttulo para o noso club despois do debut no primeiro campionato galego no ano 2016, casualmente na mesma piscina Álvaro Pino de Ponteareas”. Este logro súmase ao acadado a pasada semana, cando Escualos proclamouse subcampin da Liga Galega Mster, unha competicin que premia a regularidade e na que participaron 23 equipos. Da xornada celebrada este domingo, desde o equipo do campus queren ademais “resaltar a extraordinaria organizacin por parte de CN Ponteareas”.
Sobre o Campionato Galego Mster de Vern, o Club Natacin Escualos Campus da Auga recalca que foi “un campionato con 25 clubes e o primeiro que se celebra tras a pandemia, con medidas de seguridade moi estritas, acceso con control por QR e retransmisin en streaming”, agradecendo a rbitros e xuces da Fegan o traballo realizado durante toda a tempada para poder organizar campionatos.
