DUVI

Diario da 鶹

A revista 'Science' recolle os resultados acadados no xacemento etope de Melka Kunture

Un equipo internacional codirixido desde a 鶹 identifica os restos de Homo erectus mis antigos, que modifican a cronoloxa da evolucin humana

Sitúan por primeira vez a aparicin destes homnidos e da tecnoloxa achelense hai 2 millns de anos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Internacional
  • Աپ
  • Աپ
DUVI 12/10/2023

Un equipo internacional multidisciplinar liderado por Eduardo Méndez Quintas (鶹) e Margherita Mussi (Universidade La Sapienza de Roma) acaba de presentar os restos mis antigos coecidos ata o momento da especie Homo erectus: o fragmento mandibular dun individuo infantil, ao que denominan Garba. Os restos foron atopados anos atrs no xacemento de Melka Kunture (Etiopa) pero non foi ata o de agora que se identificaron como da especie Homo erectus. A súa datacin adianta a aparicin do Homo erectus e da tecnoloxa achelense a hai dous millns de anos. A investigacin foi publicada este xoves na revista Science no artigo .

“Estes resultados supoen un envorco no panorama da evolucin humana a nivel mundial, xa que se adianta a aparicin do Homo erectus, considerado como a primeira forma de homnido de trazos plenamente ‘humanos’, a hai 2,06 millns de anos e a orixe da tecnoloxa achelense a hai 1,95 millns de anos”, explica o arquelogo da 鶹, que é membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio e profesor da Facultade de Historia do campus de Ourense. Ata o de agora, detalla, anda que se tia atopado algún resto fsil non haba elementos diagnsticos que puidesen datar con precisin a aparicin do Homo erectus en África e sinalbase que debera estar sobre hai 1,8 millns de anos. Coa aparicin dos restos dentais de Garba, sinala Eduardo Méndez, disponse xa dun elemento de diagnose que “permite por primeira vez poder establecer a antigüidade mxima dos Homo erectus en África en hai 2,06 millns de anos”. A investigacin realizada tamén destaca segundo os seus responsables porque permite hipotizar sobre como, entre os diferentes tipos de homnidos localizados no continente africano, este Homo erectus, que se desenvolveu "no fro altiplano etope e non no clido val do Rift", foi o que logo deu o salto a fra de África pois estaba xa adaptado s condicins climticas fras dos novos territorios.

Anlise dun fragmento mandibular

Melka Kunture atpase s beiras do ro Awash, entre os 2000-2200 metros sobre o nivel do mar. Segundo explican os autores da investigacin, a súa secuencia sedimentaria recoecida abarca uns dous millns de anos e conserva xacementos arqueolxicos caractersticos dos tecnocomplexos Olduvaiense, Achelense e Middle Stone Age. Esta circunstancia converte este enclave nunha das principais secuencias do continente africano para entender a evolucin cultural dos últimos dous millns de anos. A investigacin deste xacemento lévase realizando desde 1963 e actualmente desenvlvese baixo a Italo-Spanish Archaeological Mission at Melka Kunture and Balchit, coa direccin de Margherita Mussi, Eduardo Méndez e Joaqun Panera (Universidad Complutense de Madrid).

Un dos principais enclaves de Melka Kunture é o xacemento de Garba IV, escavado en diferentes épocas e extensin e que ten achegado un cuantioso conxunto de ferramentas de pedra, sos de grandes mamferos e restos humanos. Segundo indican os investigadores, a idade destes niveis foi establecida pola combinacin de datacins numéricas Argn/Argn (40Ar/39Ar) de tobas volcnicas e paleomagnéticas. Concretamente, detallan, sobre os niveis principais do xacemento identificouse o evento paleomagnético de Olduvai (datado a escala global entre 1,95–1,77 millns de anos) e isto permite situar a súa cronoloxa nuns dous millns de anos. Nun dos niveis mis profundos deste xacemento (nivel E), datado en 2,06 millns de anos, foi onde se localizou o fragmento mandibular de Garba, un individuo infantil de 2-3 anos de idade ao que o equipo investigador, a falta de datos para coecer o seu sexo, prefire referirse como nena. “O fragmento mandibular de Garba conserva no exterior dous dentes de leite, pero estes, ao non ser definitivos, son pouco representativos para a identificacin a nivel de especie. Os dentes definitivos e, por tanto mis significativos, estaban no interior do so”, explica Eduardo Méndez. Para coecer as súas caractersticas, a mandbula foi analizada no European Synchrotron Radiation Facility, de Grenoble (Francia). “Os datos obtidos para os dentes definitivos son moi significativos: confirman a adscricin de Garba ao taxn de Homo erectus e convérteno no exemplar mis antigo do rexistro paleoantropolxico mundial”, afirma o arquelogo da 鶹.

Expansin fra de África e tecnoloxa achelense

O Homo erectus, lembra Eduardo Méndez, pdese considerar como a primeira forma de homnido de trazos plenamente ‘humanos’. “A aparicin na escena evolutiva deste taxon supuxo unha aceleracin substancial no proceso de difusin das poboacins humanas dentro e fra de África e, por tanto, é a primeira especie humana que sae do continente africano, hai algo mis de 1,8 millns de anos”, sinala. A data e a zona de África na que se desenvolve inicialmente este taxon, engade, estaba en discusin pois estimbase que a súa aparicin inicial roldara os 1,9-1,8 millns de anos, pero non estaba definitivamente establecida. As condicins fsicas mis desenvolvidas dos Homo erectus (en comparacin a outros exemplares iniciais do xénero Homo, como os Homo habilis) permtelles, segundo detalla o investigador, implementar novas e mis sofisticadas solucins tecnolxicas, entre as que destacan a invencin da tecnoloxa achelense e a capacidade para utilizar o lume.

Esta tecnoloxa achelense, comenta Eduardo Méndez, “é o nome que atribumos s ferramentas de pedra que empezaron a utilizar os Homo erectus africanos e que acabara expandindose a case todo o mundo. Caracterzase pola fabricacin de grandes lascas, a partir das cales se tallaban ferramentas mis complexas, como os bifaces (pezas traballadas bifacialmente e con forma de améndoa)”. A aparicin desta tecnoloxa achelense estaba establecida cara os 1,8-1,7 millns de anos nalgúns xacementos do fondo do val do Rift e en base a estes datos, esta nova tecnoloxa irase expandindo progresivamente polo resto do continente africano, para posteriormente dar o salto a Eurasia. “Os novos datos obtidos no xacemento de Garba IV mostran que os primeiros Homo erectus utilizan unha tecnoloxa mis elemental (núcleos e lascas), que denominamos Olduvayense. Agora ben, ‘inmediatamente’ cara os 1,95 millns de anos empezan a fabricar a nova tecnoloxa achelense. Isto supn un adianto de case 300.000 anos na aparicin desta tecnoloxa a escala mundial e nun mbito xeogrfico inesperado”, sublia Méndez Quintas.

Os datos fornecidos polo xacemento de Garba IV e recollidos no artigo publicado en Science, sinala o equipo investigador, “fan reformularnos algunhas ideas preestablecidas sobre a aparicin do xénero Homo a escala africana”. A primeira e fundamental, apunta Eduardo Méndez, é que “a aparicin do taxn de Homo erectus non est relacionada cos ecosistemas clidos e abertos da sabana, senn que ten a súa orixe nunha contorna tépeda e nun ecosistema mis diversificado, como o que observamos no altiplano etope. Por tanto, sera desde aqu que esta especie irradiara ao resto do continente”. A xénese de Homo erectus nun ecosistema tépedo é un dato, recalca, relevante para entender a súa exitosa expansin fra de África. “A súa rpida difusin sobre estas novas reas xeogrficas viuse favorecida pola similitude entre estes novos escenarios ecolxicos e os existentes en altiplano africano. Neste senso, podemos concibir esta rexin africana como un 'laboratorio' onde se xestou un novo taxn humano adaptado s condicins tépedas euroasiticas”, afirman desde o equipo investigador.

Na actualidade as investigacins nos xacementos de Melka Kunture estn soportadas polas achegas de entidades estatais e internacionais. Entre elas destacan a fundacin PALARQ, Leakey Foundation e a Xunta de Galicia, mediante o seu programa de formacin posdoctoral nas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).