DUVI

Diario da 鶹

Financiado polo Ministerio de Ciencia, o proxecto do grupo Hidro-Forest céntrase na acacia

Un equipo da EE Forestal desenvolve ferramentas coas que prever a evolucin das especies arbreas invasoras 

Avaliar tamén, desde a perspectiva da xestin integrada, o seu aproveitamento enerxético

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 07/11/2024

No marco dun proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovacin e Universidades, un equipo de investigadoras e investigadores da Escola de Enxeara Forestal traballa no desenvolvemento dunha metodoloxa que, a partir de imaxes de satélite e de tecnoloxa LiDAR, permita identificar e cuantificar a extensin masas arbreas de especies invasoras como a acacia, que poden causar graves danos ecolxicos. O grupo de investigacin Hidro-Forest, creado neste 2024, é o responsable do proxecto Acacia-Sat, que comprende tamén o desenvolvemento “dun modelo preditivo baseado na aprendizaxe automtica”, que permita, explican, estimar a evolucin futura das masas de acacia.

Seleccionado na convocatoria de 2022 de axudas a Proyectos de Generacin de Conocimiento, o proxecto Sinergias de Sentinel, LiDAR y bioenerga en la conservacin de espacios protegidos: deteccin, estimacin y gestin de residuos de Acacia (Acacia-Sat) ten como investigadora principal responsable do grupo Hidro-Forest, Xana Álvarez. O seu obxectivo, explica, “é mellorar o coecemento da aplicacin de tecnoloxas LiDAR e imaxes de satélite para a conservacin da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos nas reas protexidas”, tendo en conta que as especies exticas invasoras son, xunto o cambio climtico, “as principais ameazas que enfronta a biodiversidade”. 

Unha metodoloxa innovadora

No marco dun proxecto que se estender ata 2026, o grupo Hidro-Forest buscar comprobar a viabilidade dunha “metodoloxa única e innovadora para detectar especies exticas invasoras”, as como para cuantificar aspectos como o volume de madeira ou a altura e dimetro das rbores. A investigacin centrarase en dúas especies de acacia (A. dealbata e A. melanoxylon), por ser as mis estendidas nas reas piloto do proxecto, o Parque Natural das Fragas do Eume e o Lugar de Importancia Comunitaria da Serra do Cando. 

Como apunta Álvarez, a seleccin destas reas de estudo permitir comparar “os resultados obtidos coa verdade-terreo”, mais a idea é que “estas ferramentas poidan utilizarse en amplas zonas do territorio coa mesma problemtica”. De feito, os primeiros traballos levronse a cabo recentemente nas illas Ces e Ons, coa colaboracin do persoal do Parque Nacional das Illas Atlnticas. 

Prever a evolucin de especies con alta adaptabilidade

Outro dos eixes do proxecto é o desenvolvemento dun modelo preditivo, nun marco temporal que abrangue ata 2050, dirixido a coecer “como se distribuir a acacia ao longo do territorio”, tendo en conta e “diferentes escenarios climticos”. Este modelo, explica Álvarez, buscar tamén avaliar como esta evolucin podera afectar “ conectividade ecolxica en espazos protexidos”, tendo en conta ademais a “alta adaptabilidade” e a “rpida taxa de crecemento” destas especies. Isto permitira súa vez “avaliar as posibles medidas de mitigacin e control da distribucin da acacia no medio-longo prazo, de forma que sirva como unha ferramenta que axude aos xestores a tomar as mellores decisins”. De feito, outro dos obxectivos do proxecto é a transferencia dos resultados obtidos “para a súa integracin nos sistemas de decisins e para a sensibilizacin da sociedade”.

Valorizacin enerxética

Co obxectivo de contribur a unha “xestin integral” destas especies invasoras, outra das lias de traballo do proxecto estar centrada no estudo do potencial enerxético da acacia. Concretamente, o catedrtico Luis Ortiz encargarase de avaliar a posibilidade de empregar os residuos forestais resultantes da xestin desas masas para a xeracin de biocombustibles, tanto pélets ou briquetas, como carbn vexetal ou biochar, lia na que contar coa colaboracin do investigador Óscar Gonzlez. 

Xunto Álvarez, Ortiz e Gonzlez, Acacia-Sat conta tamén coa participacin dos investigadores da EE Forestal Carolina Acua, Pedro Lago, Mario Garca, Carlos Peco, Diego Barba, Elena Seoane, Antonio Vidal, Sofa Villar e Juan Luis Rodrguez.