DUVI

Diario da 鶹

O campus acolleu unha conferencia sobre esta temtica

A entrada na UE, o gran motor de cambio do dereito internacional privado

A cargo do catedrtico da Universidad Carlos III Alfonso Calvo

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • é
Rosa Tedn DUVI Ourense 22/02/2019

Explicar a transformacin e os retos do dereito internacional privado no marco comunitario. Con este obxectivo, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este venres unha conferencia de Alfonso Calvo, catedrtico de Dereito Internacional Privado da Universidad Carlos III de Madrid. Nela analizou a orixe do retraso histrico que tivo Espaa nesta rea do dereito e como a entrada na Unin Europea mudou totalmente ese panorama.

A actividade, que levou por ttulo O dereito internacional privado europeo no século XXI: perspectivas de futuro, enmarcouse dentro do Curso de Actualizacin Xurdica 2018/2019 que desenvolve o centro e que consiste na celebracin de sete conferencias doutros tantos especialistas que permiten ao longo deste curso académico a alumnado e profesorado actualizar os seus coecementos en diferentes reas do dereito. No acto o relator estivo acompaado polos profesores do centro Francisca Fernndez Prol e Miguel Ángel Michichel, tamén secretario xeral da 鶹.

“O obxectivo da mia intervencin é explicar de onde vén e a onde vai o dereito internacional privado espaol, de como pasou de ser un dereito bastante atrasado a ser hoxe un dereito de primeira lia”, explicou Alfonso Calvo antes da súa conferencia. Espaa, detallou, “estivo tradicionalmente moi illada” e ese illamento produciu que os actuais especialistas de dereito privado internacional se formasen no estranxeiro. Ademais, indicou o experto, “ata os último vinte e tantos anos o lexislador espaol cando tia que elaborar normas limitbase, ben é verdade que con 40 anos de retraso, a copiar o que fixera o lexislador italiano”. As, puxo como exemplo, “se ti colles as disposicins do Cdigo Civil do tempo de Alonso Martnez ves que son unha copia do Cdigo Civil piamontés”. Haba, dixo, “ sempre un retraso: estaba claro que o lexislador espaol non estaba ao da e que alguén no Ministerio de Xustiza saba ler italiano”.

Un 90% de normas comunitarias

Fronte a esta realidade, indicou o catedrtico, “o mellor que nos puido acontecer foi a adhesin ao que entn se denominaba Comunidade Europea”. A Comunidade Europea, explicou, “creou ela mesma unha competencia que non tia e hoxe o 90% das normas que temos nesta materia son normas que foron acuadas polas institucins comunitarias”. Iso, recalcou Alfonso Calvo, garante dúas cousas. Por unha banda, a uniformidade, sendo as mesmas normas en Francia, Italia, Alemaa... e por outra, engadiu, “crea algo que é bo para o individuo como persoa pero tamén como produtor ou consumidor que é poderse mover a onde considera que debe estar o seu centro de vida ou onde, se por exemplo é unha empresa, a relacin custes beneficios lle é mis proveitosa”. As barreiras de dereito público, como aranceis ou continxentes de importacin, aclarou, “xa foron eliminados cos tratados fundacionais pero as barreiras de dereito privado seguiron existindo e as se reflicten nas xurisprudencia comunitaria”.

Sobre a actualidade, o catedrtico salientou como “estamos asistindo ao que se chama unha revolucin europea do dereito internacional privado cuxo obxectivo final é favorecer a mobilidade dos individuos, das familias e das empresas”. Hoxe, indicou, o dereito internacional privado “xa non se atopa no Cdigo Civil senn que a súa auténtica constitucin son 18 regulamentos comunitarios moi importantes en materia de contratos, danos, réxime econmico matrimonial, quebra, recoecemento de documentos estranxeiros, etc”.