A actividade tivo lugar este venres no Edificio de Ferro
Educacin e Traballo Social celebra o Da da Francofona con obradoiros para nenas e nenos
Participaron os CEIP Mestre Vide, Curros Enrquez e Manuel Sueiro
A Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense sumouse este venres celebracin do Da Internacional da Francofona. A actividade estivo organizada polas profesoras deste centro Carla Mguez e Sara Vzquez, que imparten as materias de Francés nos graos en Educacin Infantil e Educacin Primaria. Consistiu na realizacin de dous obradoiros sobre cine nos que participaron nenas e nenos do primeiro ciclo de Educacin Primaria dos CEIP da contorna do campus de Ourense, concretamente do Mestre Vide, do Curros Enrquez e do Manuel Sueiro.
Alumnado de segundo curso do Grao de Educacin Infantil impartiu para estas nenas e nenos un obradoiro titulado A arte da mmica con Marcel Marceau e alumnado de terceiro e cuarto curso do Grao de Educacin Primaria realizou o obradoiro O comezo do cine cos irmns Lumière. Foron dous talleres de 30 minutos cada un nos que se levaron a cabo diversas actividades lúdicas relacionadas coa expresin corporal a través da mmica e coa realizacin de zootropo e traumatropo (representando os comezos do cine). O seu obxectivo foi introducir a nenas e nenos dos centros educativos participantes lingua e cultura francesas a través de recursos audiovisuais, facendo uso de pedagoxas innovadoras e dun xeito lúdico.
