Segundo o último informe do Foro Econmico de Galicia
A economa galega acelera o seu dinamismo
No documento destcase tamén que o balance positivo do mercado de traballo
O Foro Econmico de Galicia, entidade coordinada desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou esta ma o referido ao primeiro trimestre de 2024. Nel, os seus expertos destacan que a economa galega acelera o seu dinamismo.
O documento foi presentado na sede de Afundacin polos seus autores, os economistas Patricio Snchez e Santiago Lago, ambos da 鶹; e José Francisco Armesto e Fernando Gonzlez Laxe, coordinador este último do traballo. Segundo indican en nota de prensa desde o citado foro, a diferenza do que acontece na meirande parte dos países da contorna, a economía galega acelera de xeito significativo o seu dinamismo no primeiro trimestre do ano ao presentar unha medra intertrimestral do 1,3%, seis décimas por riba da media española e un punto superior á do conxunto de países da zona euro. En termos anuais, indican, o PIB medra en Galicia un 2%, catro décimas inferior á media estatal, sendo esta porcentaxe novamente superior á estimada para o conxunto da Unión Europea (0,5%).
Crecemento “equilibrado” do PIB real
No informe saliéntase que este crecemento “equilibrado” do PIB real est baseado nunha achega positiva da demanda externa de 1,1 punto fronte s nove décimas da demanda interna, ao contrario do que acontece na economa espaola, onde o PIB medra polo incremento de dous puntos na demanda interna fronte a s dúas décimas na demanda externa. Entre os motivos que xustifican este comportamento salientan a debilidade do consumo privado, cunha medra interanual do 0,4% fronte ao 2,4% estimado en España; así como a contracción do investimento, que se reduce un 1,3% en Galicia fronte á medra interanual do 1,8% en España. No concernente á demanda externa, ralentzase o incremento das vendas fóra de Galicia. Dende o punto de vista da oferta, os economistas apuntan que a economa galega presenta unha acusada contracción no sector primario, cunha redución do 4,6%, fronte á medra do 0,4% no estado. A industria no seu conxunto, impulsada polo sector enerxético e a industria extractiva, é o sector máis dinámico en Galicia (3,2%), se ben salientan a “preocupante evolución da industria manufactureira cuxo valor engadido bruto (veb) medra un 0,6% (3,3% en España)”.
Mercado laboral
Polo que respecta ao mercado de traballo galego, o informe recolle que presenta un balance positivo. As, detallan os expertos, volve a mellorar a participación das persoas no mercado laboral e na ocupación, reducíndose tanto a taxa de desemprego como a taxa da temporalidade, “que pode ser un indicador da mellora da calidade de emprego”. Os catro indicadores da ocupacin, engaden, presentan tamén unha mellor evolucin que no ano anterior. A poboación ocupada aumenta en Galicia un 2,2% fronte ao 1,9% das afiliacións rexistradas, en tanto que as contas económicas amosan unha medra do 1,7% dos postos de traballo equivalente a tempo completo e do 1,5% no caso das horas traballadas. “Con todo, estes datos teñen de ser matizados novamente tendo en conta que Galicia mantense entre as comunidades autnomas con menores taxas de actividade e ocupación, e que rexistra un menor dinamismo na creación de emprego que o conxunto do estado”, sinalan desde o Foro Econmico de Galicia. No que ao perfil do emprego creado reflectido pola EPA se refire, o emprego feminino, recolle o documento, presenta esta vez un maior dinamismo. Malia isto, engaden, “as taxas de paro reflicten que este segue a afectar en maior medida ás mulleres, persoas menores de 25 anos, estranxeiros e con estudios primarios”.
